Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Isaac e Del Riego, dous grandes

martes, 15 de enero de 2008
Son dous galegos dunha caste especial. Dos últimos dun tempo, dos últimos dun xeito, dos últimos dos grandes.

Coma eles foron Piñeiro, Fraguas, Filgueira, Risco, Otero, Martínez López, Paz Andrade… que hoxe están no Parlamento do Alén gobernando os máis altos dos nosos asuntos, os que se refiren ó pasado, ó futuro, ó que puido ser e non foi, ó que de verdade somos e representamos.

Fernández del Riego perdeu a súa praza na Universidade de Compostela fai 71 anos, pero despois da súa longa vida de traballo gañou o respecto e a veneración dos galegos de boa fe. Isaac Díaz Pardo era un neno cando facía carteis para a campaña do Estatuto e cando mataron a seu pai. Non puido chegar a ser arquitecto, pero Galicia gañou un soñador, un xxigante, un artista un constructor de soños e de formas.

Isaac Díaz Pardo e Francisco Fernández del Riego son hoxe monumentos vivos desta Galicia cambiante que corre o perigo de olvidarse de quen é de tanto ollar para a modernidade.

O Pen Club ven de homenaxear a estas dúas figuras da vida de Galicia. E puido facelo coa seguridade de que a inmensa maioría dos galegos apoiamos esta homenaxe a dous homes grandes ( o de bos e xenerosos está acreditado) ós que tanto debe o seu país; ós que tanto debemos todos nós.

Aparte deles quédanos somente Avelino Pousa Antelo (Lucho do Peto), coma eles na flor da mocidade en canto á querencia por Galicia. Non esquezamos a ningún dos tres.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES