Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá, Lugo (5)

jueves, 18 de julio de 2019
Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá, Lugo (5)B. Cruz do Penelo.
Ao carón do camiño entre os lugares de Couso e Coto hai unha cruz de madeira, de estrutura latina, e de considerables proporcións, que na actualidade está deteriorada e derrubada no chan. Foi construída na honra dun home, que foi asesinado con motivo da guerra civil do 36.

C. Cruces desaparecidas.
En Quintá da Cancelada, houbo cruces de madeira, de considerables proporcións, que foron desaparecendo pola ampliación das estradas e, tamén, debido aos incendios.
Así, houbo unha no “Camiño de Buixán”, colocada pola morte dun represaliado na guerra civil. Outra, no “Camiño de Castel de María”, posta por morte natural.

10. Tortes, San Pedro de
Nesta parroquia encontramos tres manifestacións artísticas no “lugar de Eixibrón”.

A. O cruceiro de Eixibrón.
Coordenadas U.T.M. X= 648.632 Y=4.743.869
Está situado preto da igrexa parroquial de Tortes e ao carón da estrada local, que conduce á igrexa (“o camiño da igrexa”). A súa orientación é Sw-Ne.

Esta expresión artística consta dos seguintes elementos nunha orde ascendente:
Unha base monolítica, granítica, composta nunha orde descendente de catro tramos: o primeiro, paralelepípedo reforzado por unha estrutura metálica; séguelle un tramo de molduración cóncava-convexa, a xeito de “gola”; finalmente dúas superficies paralelepípedas de carácter irregular unidas por unha pequena moldura cóncava; ámbas as dúas superficies amosan nalgunhas das súas arestas certa tendencia a convexidade propia da súa irregularidade.

Un fuste monolítico, de sección cuadrangular, na parte inferior con relevantes acanaladuras cuadrangulares nas catro caras; o resto do fuste amosa unha sección oitavada. Logo, hai unha moldura anular, chamada colariño, que separa o fuste do capitel.

O capitel de estrutura troncopiramidal invertida mostra unha influencia corintia reflectida na ornamentación, que presenta a base de volutas e follas de acanto. A parte superior amosa unha pequena moldura sinuosa cimacio.

Como remate, unha cruz latina de sección cuadrangular nos extremos e de sección oitavada no resto con algúns acanalamentos; os extremos dos brazos son propio dunha cruz florenzada. No anverso, baixo unha cartela coa inscrición INRI, hai unha efixie de Cristo, que amosa unha coroa de espiñas na cabeza, que inclina ao lado dereito; as costelas están resaltadas; as mans pechadas; o pano de pureza colocado ao lado dereito; e o pé dereito sobre o esquerdo e ámbos os dous sobre un supedáneo. A efixie mostra un deficiente estado de conservación. No reverso, imaxe da Virxe provista dunha túnica e manto maniféstase nunha actitude orante sobre un supedáneo. A cabeza da imaxe mariana desapareceu mais logo apareceu na sancristía, de onde volveu a desaparecer. A este cruceiro aluden Elías Valiña Sampedro (1) e Xabier Moure (2).

B. Restos dun Vía crucis.
Coordenadas U.T.M. X= 648.644 Y=4.743.899.
O Via crucis estaba colocado por riba do muro, que separa o adro da igrexa do exterior. Na actualidade consérvanse dúas cruces en bo estado; unha fragmentada no brazo lonxitudinal mais de pé; e a outra deteriorada no brazo lonxitudinal e no brazo horizontal, tirada nunha silveira.
As cruces, que se conservan, son latinas, con sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto; os extremos dos brazos son propios dunha cruz potenzada.
Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá, Lugo (5)

NOTAS:
1. “ Cerca de la iglesia un cruceiro con capitel de hojas en tres órdenes, Cristo y la Dolorosa”. Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Madrid: Ministerio de Cultura, Servicio de Publicacións, t.VI, 1983, páx.146.
2. Patrimonio galego net. Cruceiro de Eixibrón. 5-2-2013.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES