Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xogarse a vida ou namorarse dela

miércoles, 17 de julio de 2019
Hai unha lixeira diferenza entre querer vivir a vida a tope e arriscala continuamente. No primeiro caso, buscamos experiencias variadas que nutran o noso inconformismo e a nosa curiosidade vital. Na segunda, simplemente, xogámola a cara ou cruz, nun absurdo que non ten logros efectivos.

Estes días estiven a cavilar sobre dous casos nos que arbitrariamente a xente decide xogarse a propia vida por aparentar. Todo isto está relacionado cun artigo que publiquei semanas atrás co título de “vivir ou aparentar vivir”. Aparentar vivir chega ao punto de arriscar a propia vida e de que cheguemos ao esperpento de ter que falar nas crónicas de sucesos de mortes por selfies; pero, ademais disto, descubrín outro xeito de arriscar a vida.

Foi un documental titulado Chernóbil que relata aquela catástrofe que truncou a vida de xeracións e deixou baleira a cidade de Prypiat xa que, debido ao seu nivel de radiación, non é posible a vida nela. Pois ben, Prypiat está chea de turistas, chegando a ser un lucrativo negocio de consecuencias sanitarias incalculables. A pregunta é cal é o límite asumible do risco e que facer coa persoa que facendo uso da súa liberdade individual decida transgredir ese límite.

Sabemos que hai condutas suicidas e, dentro da liberdade individual, hai que respetalas; pero, que pasa cando esa conduta pode afectar aos que temos ao noso redor?

Comprendo a atracción que pode ter unha cidade abandonada como Prypiat; pero a satisfacción persoal que supón esa atracción nunca pode xustificar poñer en perigo a propia vida a o noso entorno. Máis tendo en conta que na propia historia de Chernobyl houbo científicos que deron a súa vida para salvar vidas e xeracións…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES