Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xuntanza do Foro Peinador

lunes, 14 de enero de 2008
O Foro E. Peinador celebrou un novo encontro con empresario. Desta volta as empresas que acudiron ao chamamento do Foro E.Peinador, que procura un maior achegamento das empresas á lingua galega, foron as seguintes:

Cervezas Estrella Galicia, representada polo seu rector xeral don Xosé María Rivera.
Gadis, representada polo seu director xeral Roberto Tojeiro.
Grupo Cuevas, representada polo seu presidente Manuel de la Fuente
Norvento, representada por Pablo Fernández, director xeral.
Egatel, representada polo director-xerente, Esteban Solleiro
Itelsis, representada polo presidente, Gerardo García Albela.
Pita Hermanos (Conserveira), representada por Mónica Pita.
Cerámicas de Sargadelos, por José Luís Vázquez

Por Parte do Foro E.Peinador acudiron, amais do seu presidente, Xosé González Martínez; Carlos Varela Garcia, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; Álvaro Álvarez Blázquez, director xeral do Igape; Benigno Sánchez García, director xeral da CRTVG, e Xosé Manuel Ortigueira, director financeiro de Xes Galicia.

Tamén estiveron presentes o Sr. Reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro e Marisol López, Secretaria Xeral de Política Lingüística.

Despois dunha ampla exposición dos membros do Foro E. Peinador informando dos logros acadados na campaña de galeguizacion dos viños galegos (actualmente etiquetan,xa, en lingua galega 120 marcas, de 440 que hai en Galicia, coa promesa de que 21 unha máis se incorporarán na próxima colleita), abríuse un amplo debate sobre as posibilidades de incorporar a lingua galega a tódalas actividades empresariais.

A receptividade manifestadas por tódolos empresarios ás proposta que se lle expuxeron foron ben acollidas, se ben cada un deles manifestou o seu desexo de imprimirlle un ritmo específico. Falouse da etiquetaxe dos produtos manufacturados e dun programa de mínimos realtivos á rotulación interior das empresas, textos dos convenios colectivos e a inclusión nos mesmos dos dereitos lingüísticos dos traballadores, relación escrita interna entre os distintos departamentos da empresas, así como a utilización da lingua galega na relacións coas distintas Administracións públicas que o fan con elas.

Mostraron todas elas o seu desexo de participaren no Pacto Social pola Lingua recollido no Plan Xeral de Normalización Lingüística, e a participación nos actos que no futuro se programen co gallo da celebración do DIA DA EMPRESA EN GALEGO.

Xosé González Martinez, Presidente do Foro.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania