Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vacacións auténticas

lunes, 15 de julio de 2019
Hai tanto tira e afrouxa entre uns e outros para formar Goberno que non hai maneira. Pois xa que aínda non hai Goberno para España, si houbo vacacións para un servidor. Vacacións auténticas, digo. Case todos os anos procuro saír uns días pola Costa da Morte, aínda que, de cando en vez, opto por fóra de Galicia. Coma este ano. Que un día falando na casa, comentamos algo do Parque Natural de Río Lobos, porque a muller e máis eu haberá uns 25 anos que o visitaramos e gustáranos.

Vacacións auténticasAsí é que para aquel recuncho de Soria marchamos. Sete días tan só, dos que recortamos un porque os rapaces... os rapaces, xa se sabe, isto dos monumentos e pobos bonitos non vai con eles. Polo que non me quedou outra que facer coma os políticos: negociar de aquí para alá. Pero, claro, ó non ser político... non vimos moitas cousas que eu pensaba ver. Non obstante, o esencial si que quedou na retina dos meus ollos.

Quedaron, de camiño, os fermosos castelos de Peñafiel e Peñaranda de Duero. Quedou na retina, logo de chegar a San Leonardo de Yagüe, a inmensa catedral de El Burgo de Osma, que parece mentira que un simple pobo teña ese impresionante monumento. Ó segundo día tocoulle ó canón do Río Lobos, coa súa ermida de San Bartolomé e coas súas omnipotentes paredes nas que aniñan, viven e pousan os voitres. Que marabilla contemplar o seu planar. Vimos Ucero e San Esteban de Gormaz, que é precioso. Ó día seguinte tocou ir ó desfiladeiro de La Yecla e a Santo Domingo de Silos, pura arte para contemplar con tempo e con paciencia. Esta é a que lle falta ós rapaces. “Que se en tal caso a natureza”, dixeron. Total, que nos largamos a 101 quilómetros para ver a Laguna Negra, que nos gustou e, menos mal, lles gustou; principalmente o paseo polo río abaixo.

Como ós rapaces isto da arte nin fu nin fa, fomos a muller e eu ver Calatañazor, unha aldea máis que fermosa. Pola tarde volvemos a esa zona cun dos rapaces para ver La Fuentona, algo moi semellante á Laguna Negra.

De volta para a casa, visita obrigada a Carrións de los Condes. E xa en Ourense... como unha frecha a ler os xornais. Como os botei de menos! E iso que os consultaba pola Internet, pero... non é o mesmo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES