Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alcalde de Lugo en funcións

viernes, 12 de julio de 2019
Circula por aí unha nova versión do conto de Carrapuchina, no que cando o lobo pregunta: “Carrapuchiña... onde vas?”, a rapaza resposta dun xeito que non debo repetir aquí, pero que ben poden imaxinalo os lectores… co que o lobo remata comentando: “Cambiouche ben o conto!”.

Sin acudir a ningunha inconveniencia verbal, eso pensei eu –“Cambiouche ben o conto”– cando vin unha nota da oficina municipal do BNG, indicando que “Rubén Arroxo, Alcalde en funcións, visitou o Parque infantil de Tráfico”, na antiga Frigsa.

Do mesmo xeito que a primeira alcaldesa en funcións que houbo en Lugo foi Marina Cillero, nos anos 80, durante unha ausencia do Alcalde Vicente Quiroga, cabe supoñer que durante o mandato compartido con Orozco, Branca Rodríguez Pazos foi tamén alcaldesa en funcións, aínda que co apegado que estaba Orozco ao seu sillón, seguro que preferiría non saír de Lugo para non ter que ceder a Alcaldía aínda que fose temporalmente.

Neste caso é a primeira vez que Rubén Arroxo ostenta a alcaldía lucense, en funcións pero de xeito efectivo, facendo realidade sen dúbida o que poucas veces se debeu permitir soñar antes e durante a campaña electoral, que producíu resultados tan novedosos coma este.

Para min que esto de Arroxo, vicealcalde in pectore aínda que na lexislación municipal non haxa vicealcaldes, é unha demostración de forza para que alcaldesa e compañeiros do Psoe se vaian afacendo ao que os espera.

Porque logo, lendo a nota informativa non aparece o do alcalde en funcións por ningún lado, senón que se menciona que Rubén Arroxo, ao que acompañaba o Concelleiro de Educación e o Director da instalación, visitou o Parque de Tráfico onde se están a impartir cursos ao que acoden máis dun cento de nenas e nenos de oito a once anos. Só no "Asunto" do Correo. E aí queda eso.

É o que teñen os matrimonios de conveniencia, que as esixencias do guión superan aos sentimentos, e xa que non pode ser vicealcalde aínda que de facto exerza como tal, cando a alcaldesa non está, Rubén Arroxo é o alcalde en funcións, aínda que só sexa como denominación para figurar nas notas de prensa, e aínda que nesas notas só apareza no "Asunto". Marcando territorio.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES