A responsabilidade dos adultos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 11 de julio de 2019
Responsabilizarse de algo significa facerse cargo para que a cousasaia ben.
Hai responsabilidades para tódalasidades, pero seguramentenaidade adulta alcanzan o grao máximo.
E dentro da idade adulta hai diferentes niveis:
As persoas que están á fronte do goberno deberían ser persoas íntegras porque delas depende a vida da cidadanía que teñen encomendada.
Dá a impresión de que a veces se esquecen dese deber tan ineludible.
Non sei se estou enganada ou teño malos pensamentos; pero a min parécemo.
Con tódalas dificultades que poidan ter, teñen o deber de poñer leis e normas que conserven a convivencia pacífica entre os cidadáns.
E tamén de cumprilas, por suposto.
Que hai quen transgrede a lei é ben certo; pero que a veces a lei tolera demasiado, aínda é máis verdade.
Según que penas, penso que debían ser máis duras porque:
¿Qué esperamos daqueles casos que reinciden e non se aproveitan das oportunidades que se lles dan para reinsertarse na sociedade?
A veces dá a impresión de que estamos nun país do revés:
-HAI FILLOS DE TENRA IDADE QUE QUEREN MANDAR MÁIS QUE OS PAIS E HAI PAIS QUE DEIXAN ORFOS ÓS SEUS FILLOS EN VIDA.
Non sei se é porque lles queren tanto e os deixan co que lles vén en gana, ou que lles falta autoridade para poñer orde.
-HAI ALUMNOS QUE QUEREN SABER MÁIS QUE OS MESTRES.
Pensan que con preguntarlle a Google, xa son sabios.
Pode que leven moitos coñecementos no móbil que levan no peto, pero na cabeza
poderían levar moitos máis.
Algo está fallando na educación nestes últimos tempos.
O profesorado quéixase.
E resulta curioso constatar que se queixa máis dos pais que do alumnado.
Unha boa parte dos adultos está fallando.
Por eso:
Unha boa parte do profesorado acóllese á xubilación anticipada.
E non é porque non se encontre en bo estado de saúde pedagóxica; é porque xa está cansado de tanta tontería.
-HAI AUTORIDADES QUE INFRINXEN LEIS.
¿Cómo se entende que as persoas con maior grao de responsabilidade no cumprimento das leis, as pasen por alto?
Eu non o entendo, pero tódolos días saltan á vista casos de corruptos deste nivel.
¿Será certo que o que fai a lei fai a trampa?
-¿
?
Que unha parte do colectivo adulto non sexa responsable dos seus actos é moi grave porque acarrea problemas para toda a sociedade.
Pero
¿Qué pasa coa infancia?
¿En que espello se mira a infancia?
A infancia imita ós adultos e se se cría nun mundo onde se fale máis das persoas corruptas que das honestas, fai pensar que a corrupción é algo normal.
Penso que os adultos deberíamos coidar máis os nosos actos polo noso propio
ben e tamén polo exemplo que damos á infancia.
A veces consideramos normal o que a todas luces- é anormal.
Considerámolo normal porque o fai moita xente; pero o feito de que sexa habitual non significa que sexa normal, porque:
MIL MENTIRAS NON FAN UNHA VERDADE
Estamos vivindo tempos moi confusos.
Nos mundos que vivimos resulta difícil te-las ideas claras,
Todos pensamos que as temos, pero a realidade dinos que estamos enganados.
E
ASÍ NOS VAI
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a tantas e tantas persoas normais como vostede que fan posible un mundo normal.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Que teña un bo día!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora