Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un día de praia

sábado, 13 de julio de 2019
Un da de praia Estamos no tempo de visitar os mellores areais e gozar de augas de excelente calidade para o baño. Pasar un día de praia quizais é un recurso asumible para todos. Dicía para todos, pero mellor para “case todos” porque algunhas persoas poden ver acentuadas as dificultades do día a día. Non é fácil programar saídas, hai moitos cabos que atar.

Gozar dun día de sol e praia tamén é un dereito das persoas con diversidade funcional. Pero non todas están adaptadas. Unha praia accesible sería aquela que ten os elementos necesarios para que calquera persoa poida ter, en igualdade de condicións, unha estancia cómoda. O carteliño de “praia accesible”, a veces, non significa moito. Por experiencia sabemos que non hai praias accesibles senón puntos concretos con zonas máis ou menos preparadas.

En Galicia estanse dando pasos. A modo de exemplo, Vigo acaba de presentar o servizo de acceso ás praias para persoas con mobilidade reducida. Aínda así estamos moi lonxe da accesibilidade que teñen as do Mediterráneo nas que é máis normal encontrarse con servizos que inclúen: zonas de sombra con baños, duchas, vestiarios, cadeiras, mesas…; pasarelas, bastóns e cadeiras anfibias para facilitar a chegada á auga, persoal de apoio, aparcadoiros reservados…

A lentitude é unha característica das nosas leis. Como mostra, a Asociación Española de Normalización anuncia que “a primeira norma internacional sobre turismo accesible aprobarase no 2020”. O colectivo de persoas con diversidade funcional ronda os catro millóns, e coas súas familias e amigos, representa un grupo considerable á hora de equiparar as nosas praias PARA TODOS.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES