Á Beira do Camiño: Novos aires no Camiño
Mato, Xesús - sábado, 12 de enero de 2008
Reprimín o impulso de por signos interrogativo/dubitativos á frase que abre a reflexión. Non por falla de coñecemento e capacidade dos alcaldes senón polas prioridades e intereses que privan no Camiño. Oxalá podamos celebrar os novos aires Falo do traspaso de poderes na Mancomunidade do Francés. O alcalde de Triacastela releva ao de Sarria que se sente ledo por ter contribuído a dinamizar esta entidade durmida e paralizada O entrante asinte: antes non houbera nin unha reunión e imos darlle o impulso definitivo! Aplaudo intención.
Ao meu parecer, deberían comezar por se democratizar e pórse de acordo vostedes, dialogar máis con Patrimonio/Xacobeo e brindar participación real aos veciños, os grandes ausentes dos Plans do Camiño, sendo eles os mais afectados. As charlas informativas para resolver dúbidas, con cita previa incluída, non foron abertas, nin alentadas. Non se celebraron as reunións previas (alcalde/veciños) nin foron avisados. Nalgúns casos, só os concelleiros.
Velaí propostas. Antes de empregar enerxías e fondos para pór en valor o Camiño (¡iso xa está feito!) mellor que dediquen tempo a analizar a situación real/actual e a darlle saída viable ás vellas desfeitas e mesmo evitar presentes e futuras. No desconcerto e desfeita actual, ¿quen van ser os árbitros!?. O que haxa que facer ou determinar, ¿vai ser de xeito unilateral ou por consenso!?.¿¡Incluídos ou excluídos os veciños e mesmo os cregos da beira dos camiños!?. Señores alcaldes da Mancomunidade: Teñen unha boa e nova oportunidade para demostrar que son vostedes os que, de verdade, mellor coñecen e mais aman e protexen o Camiño

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora