Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá, Lugo (4)

jueves, 11 de julio de 2019
8. Penamaior, Santa María.
A. Cruz da Ermida do San Lorenzo.


Coordenadas U.T.M. X= 647.352 Y=4.748.941.

Cruz de madeira, de estrutura latina, de relevantes proporcións, con remates lanceolados en ámbolos dous brazos. No mes de Agosto, ofíciase unha misa no exterior desta ermida o domingo máis próximo á festividade do santo.

B. Cruz de Penamaior.

Coordenadas U.T.M. X= 646.493 Y=4.748.921

Hai anos houbo unha cruz de madeira, que por deterioro, foi sustituída pola actual, que se encontra preto da igrexa do antigo mosteiro cisterciense. Esta consta dun baseamento, formado por dous chanzos de cachotería, en espiral. Sobre o baseamento érguese unha base paralelepípeda de cantería con algunhas irregularidades. Esta serve de soporte a unha pequena estrutura metálica de dous tramos: o primeiro de forma paralelepípeda con pequenos resaltes; e o segundo de forma prismática cuadrangular.

Sobre ela érguese unha cruz de madeira, de forma latina e de sección cuadrangular mais con pequenos biseis nas arestas.

O investigador da zona, Xabier Moure relaciona esta cruz co ritual da Santa Compaña (1).

Tamén hai lugareños que fan referencia ao poder de atracción, que posúe esta cruz con respecto aos raios producidos polas treboadas.

C. Cruz do ‘Relicario da Santa Cruz’.

Coordenadas U.T.M. X= 646.175 Y=4.748.159

Trátase dunha cruz, latina e de sección cuadrangular, mostrando algunhas das súas partes prateadas e outras en cristal de roca. Os extremos dos brazos rematan en acanaladuras ovaladas e, tamén, en ornatos prateados e xeométricos. Na intersección de ámbolos dous brazos amósase unha pequena superficie paralelepípeda de cristal de roca e coas arestas prateadas, que é o lugar onde se garda a reliquia do “Lignum crucis”.

O domingo máis próximo ao 3 de Maio, festividade da Santa Cruz, o párroco oficia unha misa, dá a bicar a reliquia, e logo sácana en procesión circunvalando á cruz de madeira.

9. Quintá da Cancelada, Santa Baia
A. Cruces da Igrexa
* Cruz Misional


Coordenadas U.T.M. X= 655.723 Y=4.756.772

Trátase dunha cruz de madeira, situada no interior da igrexa parroquial, adosada ao muro lateral dereito.

Esta manifestación artística apóiase nun baseamento, que está composta de tres chanzos de sección cuadrangular, rematando os seus extremos en formas troncopiramidais. Do baseamento érguese unha cruz, de estrutura latina, que amosa unha sección cuadrangular, en ámbos os dous brazos. Na súa intersección hai a xeito de ornatos incrustacións estreladas e xeométricas, que rematan en formas puntiagudas. Tamén ao longo de ámbolos dous brazos hai elementos decorativos. Así, a parte superior do brazo lonxitudinal mostra dous cravos e parte doutro; na intersección de ámbolos dous brazos, maniféstase un corazón cunha pequena cruz por riba; no lado dereito do brazo transversal, móstrase un martelo; no lado esquerdo do mesmo brazo, unhas tenaces; na parte media do brazo lonxitudinal, amósase un cáliz; na parte inferior do mesmo brazo, a columna da flaxelación; finalmente na parte media do brazo lonxitudinal maniféstanse dous paus longos entrecruzados -a xeito de lanzas- que se extenden de cara aos extremos do brazo transversal: un, rematando nunha forma triangular; e outro, nunha forma cuadrangular irregular, que simboliza a unha esponxa. En canto a inscricións unicamente encontramos nos chanzos da plataforma a seguinte: “MISION / DE 11 DE SEPTIEMBRE / DE 1923/”.

* Cruz da “Pía de Auga Bendita”
No interior da igrexa parroquial e presidindo a pía de agua bendita hai unha cruz de mármore, de estrutura latina. Os extremos dos seus brazos son propios dunha cruz treboada.


NOTA:
1. Xabier Moure.: patrimoniogalego.net / index.php/ 31692.
A Santa Compaña é unha procesión de fantasmas ou almas en pena que, segundo as lendas tradicionais galegas, percorre de noite fragas e camiños neboentos.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania