Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 12 de julio de 2019
Soñaba con ser carpinteiro

Contan as crónicas que Edmundo Vitoria, o fillo do Marañas e da Mañosa, quería ser carpinteiro, pero tiña un problema moi grande: que non sabía distinguir unha madeira doutra. Custáballe saber cal era o bidueiro e cal o chopo, ou cal o carballo e cal o castiñeiro. A este só o distinguía polos ourizos das castañas, xa que, ó outro, nin tan sequera polas belotas. Logo, para máis aquel, o fillo do Marañas e da Mañosa, tampouco sabía medir a ollo. E nesta nosa vida non hai como medir a ollo. Un carpinteiro, se non mide a ollo, para onde vai, o pobre! Así é que a Edmundo non lle quedou outra que Pingas de Orballosentar no mazadoiro da burga e esperar a velas vir. Claro que, por non saber, nin sabía o que esperaba. Ó mellor que pasase o tempo ou, pouco a pouco, medir a ollo, por exemplo, as pedra da fachada da taberna. E se reviraba a cabeza podía estudar ben a fondo os amieiros do río Arnoia. Polo menos así chegaría a coñecer ben unha árbore. Tampouco sería estraño que só coñecese un tipo de madeira. Podía ser un profesional do amieiro. Contan as crónicas que, co paso do tempo, o fillo do Marañas e da Mañosa deixou de soñar con ser carpinteiro para facerse cura e vivir do predicamento. E, iso si, desde o púlpito, sempre estaba medindo a ollo o espazo que ocupaban os seus fregueses.

Río de emocións

Son un sentimental. E coa idade, cada vez son máis sentimental. Axiña me emociono. Acabo de facelo vendo o partido de baloncesto feminino entre España e Francia. Vendo a final do Eurobasket. Emocioneime, por suposto, no remate do mesmo. Xa incluso dous minutos antes, e como vía que a vitoria non se podía escapar, os ollos empezaron a brillar. Ó rematar o partido empezaron a desbordarse os lacrimais. Como estaba tombado no sofá notaba eses regueiros como corrían polas meixelas abaixo. Non estou esaxerando. Pero se ata me emocionei unha barbaridade cando vin ás xogadoras da República Serbia subir á tarima para recoller a medalla de bronce e ver a unha das súas portando nun aparello, nun arnés sobre a súa barriga a un bebé de meses. Que cousiña máis bonita! A repanocha xa chegou cando se lles fixo entrega das medallas de ouro ás españolas. Pero antes xa deixara caer máis bágoas cando a nosa xogadora Astou Ndour acadara o MVP do torneo. Despois, en cada detalle, en cada xesto, en cada abrazo, en cada risa, en cada cara de felicidade que vía pola televisión, o río de emocións seguía a verter polas miñas meixelas. E eu dálle que dálle coas mans intentando limpalas. Por se aparecía por alí o fillo e, ufff, que vergonza, un vello. Pois si, canto máis vello máis sentimentos, máis parvo me poño, pero...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES