Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Liberdade de expresión vs botar a lingua a pacer

miércoles, 10 de julio de 2019
Este artigo é un artigo pedagóxico para quen non saiba (nin queira saber) nada da inclusión.

Empezamos contando a nova que trata dunha nena cunha diversidade intelectual leve que é anotada nun campamento de inglés. No momento de ser anotada, os pais informan da condición da filla e a organización do campamento non pon ningún problema na participación desta nena. Chega o día, a nena ingresa no campamento cos demais e antes de deitarse a durmir os pais das compañeiras de habitación elevan unha queixa ao centro acabando coa nena fora do centro. Teoricamente son os pais os que deciden levala; na práctica, é un decisión motivada por unha situación de presión.

A partir de aquí, xorden unha diversidade de opinións que compoñen os diversos foros nos que se expuxo a nova. Como sabemos estes foros permiten o anonimato no que moitas persoas se refuxian para sacar o seu verdadeiro ser. Entón, empeza a ondear unha antiga bandeira de triste memoria acompañada dun forte cheiro a rancio que se caracteriza pola uniformidade ideolóxica e, consecuentemente, coa aniquilación de toda diferenza.

Explicado isto, son comentarios que atacan directamente á declaración Universal dos Dereitos Humanos da que nacen todos os sistemas democráticos. Estas persoas dirán que fan uso da liberdade de expresión e, amparadas na mesma, tratan de destruír todo o que consideran diferente porque, no fondo, considéranse máis que os demais; polo tanto, donos dunha verdade absoluta que, queiran ou non, exclúe a propia idea de democracia. Aquí vemos claramente a necesidade de educar en valores, de nada sirve falar de persoas libres e iguales se deixamos que o supremacismo, amparado na liberdade de expresión, campe a súas anchas. Entre outras cousas, porque no ADN do supremacismo está o autoritarismo e, polo tanto, a destrución das liberdades individuais e da democracia.

Hai anos fun a unha entrevista de traballo para un posto de moderador de contidos. O traballo consistía en revisar un foro e comprobar que non houbera comentarios ofensivos. Naquela formación recordo que se falou do odio, do racismo e de outros tipos de ofensas. Hoxe meteriámonos tamén co humor. Pois ben, non comprendo como nos escandalizamos por un determinado humor chegando a levalo aos tribunais e deixamos que a xente fale da diversidade e dunha nena sen ter nin idea nin da situación concreta nin da diversidade en cuestión. Non é o mesmo a liberdade de expresión que botar a lingua a pacer.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES