Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Proxecto María Balteira

miércoles, 10 de julio de 2019
Rematada a semana de actividades dedicadas a Betanzos na Lírica Medieval Galego-Portuguesa, a valoración non pode ser máis positiva. Sete actos en sete días co notable afluencia de público coa participación de 19 persoas como ponentes, actores e poetas dos 7 actos e 12 entidades e asociacións.

Pero o proxecto non rematou, sigue na XXII Feira Franca Medieval co reparto de dípticos informativos sobre María Balteira, Pero Amigo de Sevilha, Pero de Ambroa e Pero de Armea e algunhas sorpresas na programación da Feira relacionadas cos xograres e a soldadeira betanceiros. Está tamén en preparación a publicación da obra dos tres xograres e a obra de outros xograres e teobadores adicada a María Balteira que será editada por Biblos despois do verán.
Proxecto María Balteira
Figuras da nosa língua como Concha Delgado, Xosé Ramón Pena, Manolo Portas Marica Campo e Eduardo Maragoto (AGAL), poetas da calidade de María Xosé Lamas, Teresa Ramiro, Alberte Momán, Fabíola Hermida, Loreto de Castro, Luís Mazás, Moncho Bouzas, Miguel Queipo e Ramiro Vidal, mestres coa experiencia de Dores Cao e Xulio Loureiro, historiadores como Alfredo Erias, pasaron esta semana por Betanzos para aprendernos sobre a lírica medieval betanceira e axudar a divulgar esta riqueza de hai 8 séculos e dar máis sentido e contidos á Feira Franca Medieval.

A Asociación Lar de Unta e a NPG Nova Poesia Guitirica agradecen ás entidades colaboradoras e ás persoas que participaron á súa implicación para que unhas xornadas tan intensas saíran adiante superando as mellores previsións nesta primeira experiencia que repetiremos cada ano na semana previa á Feira Franca con contidos histórico-culturais relacionados con Betanzos.

800 anos de memória poética son xa de tódolos betanceiros orgullosos do seu pasado, do seu patrimonio e da súa cultura. María Balteira vive!!
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES