Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da política ó fútbol

lunes, 08 de julio de 2019
É complicado resumir ou destacar algo da semana pasada porque, politicamente, estamos coas mesmas, é dicir, sen goberno e con pactos e contrapactos nos concellos e Deputacións de toda España. Logo, para máis aquel, tamén seguimos coas distribucións das áreas dos concellos, coas dedicacións exclusivas e, faltaría máis, cos soldos. A causa destes, o buraco que nos están facendo é tan grande que a sangría empeza a encher caldeiros de paciencia.

E temos moita paciencia. A máis partidos políticos, máis pactos, más cartos e máis sangría. Non rematando aí o asunto, vemos que, en proporción, saen mellor pagados os soldos dos elixidos nos concellos pequenos. Normal, se a un concello de menos de mil ou Da política ó fútboldous mil habitantes lle metes tres ou catro dedicacións exclusivas, alá vai o burro coas noces, digo co presuposto municipal.

Como deses asuntos xa escribín algún texto, cambio de terzo e vou unha vez máis a unha das miñas paixóns: o fútbol. Do que, neste verán, non me queixo. Pensei que ó acabar a Liga, xa remataba todo por un tempo. Pero resulta que me enganchei á Selección Española Sub 21, á Copa América e ó Mundial Feminino. O da Sub 21 rematou xa a semana pasada, a Copa América e o fútbol feminino acaban de rematar. Agora si que é verdade que “o deporte da masa” acabou ata o 18 de agosto (négome a ver trofeos de verán ou partidos amigables). Total, un mes sen fútbol. Tampouco é tanto.

Necesitamos un descanso. Ademais, hai que pillar folgos porque a partir do 18, o Celtiña empeza forte de carallo. Nada máis e nada menos que co “gallito” de primeira división, ou sexa, co Florentino. A partir de aí saberemos como responderá o equipo vigués, xa que, vaia!, os dous seguintes partidos tamén son dous ósos duros de roer: Valencia e Sevilla. Tres partidos para ver e analizar as posibilidades do único equipo galego que nos representa en primeira división (o ascenso do Depor quedou en auga de bacallau), deste novo Celta que espero, confío e desexo que nos dea alegrías e non os sufrimentos desta tempada que menos mal que xa queda para o recordo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES