Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cunhas eleccións chegan

viernes, 11 de enero de 2008
Touriño veu dicir que cunhas eleccións, as xerais que se van celebrar en marzo, chegan e que non ten a máis mínima intención de facer crise no goberno galego nin adiantar as eleccións autonómicas que deberán celebrarse ben entrado o ano 2009.

Non pode negárselle a Touriño “talante”, que o precisa para camiñar no difícil mundo político co que lle tocou bregar, e sempre está a poñer parches, apagar lumes, remediar desencontros no afán de presentar boa cara aínda que o temporal sexa evidente.

Cunhas eleccións á vista chega, que bastantes movementos políticos estamos observando, a escala estatal e autonómica, coa posible creación dun Ministerio da Familia, eliminación de case todo o imposto de sucesións, promesas e denuncias, boas e malas palabras, ata agora de espadeo con florete ata que se entre en plena campaña electoral que será xa utilizado o puñal, mortífero nas distancias curtas.

En tempo coma este, suspendíanse as inspeccións de Facenda, non se notificaban expedientes de sanción, aletargábase a función controladora do aparato administrativo para non provocar ó persoal nin crear un mal clima entre o electorado.

Que si, que ten razón Touriño, que cunhas eleccións chegan. E xa veremos aló nos idus de maio de 2009 o que vai pasar. En tanto, abondo temos cos de marzo de 2008, que prometen estar interesantes, e para Galicia van ser –todas as eleccións o son– vitais. Para seguir mantendo un “goberno amigo”, ou para “volver a empezar”. En calquera dos casos, para seguir o proceso con moita atención.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania