A encumbrada
Ulloa García, José Carlos - viernes, 12 de julio de 2019
Andabas a procura do vento e dos azos de vida, ollando ó ceo,
buscabas nas profundidades os porqués do teu floreiro sen flores,
interrogabas ao mar para obter resposta aos sinsabores non entendibles,
e sentábaste a carón do teu faro, para ter luz, nas túas noites escuras.
De pronto, chegaches á praia dos sonos, ás ribeiras mansas,
e atopaches un alma castigada e quebrada polos desenganos do vento,
tremendo de soidade, con saloucos de nostalxia e melancolía,
e facendo en min, unha fenda na miña alma, o brote da primavera, o rexurdir de María [a nena.
Ese rexurdir da deusa, da muller sen mácula, da diva da paixón e do sentimento],
o rexurdir da virxe-nena, o modelo da espiritualidade e do consentimento,
o rexurdir do encanto dos encantos, da raíña da razón e da harmonía,
este rexurdir da matrona maxestática, a miña Brighit, a encumbrada.
E desde Tesalía, a Grecia mitolóxica berra por ti, e sen ti,
porque fendes o corazón do teu amante na túa ausencia celta,
e os días agárdanse e presúmense venturosos nun futuro certo,
porque ti a encumbrada reflexas vida, reflexas amor e reflexas o todo branco.
Do seu libro A Deusa das margaridas murchas.

Ulloa García, José Carlos
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora