A deusa celta
Ulloa García, José Carlos - martes, 09 de julio de 2019
Escoito o mar dende a cúpula estelar da praia da serea,
onde ti agardabas o amor dende as rochas cheas de escuma,
aló, canta unha gaivota parda, mensaxe rexa de nostalxia impúrea,
e ti sofres a entrega do teu corpo de gacela, nas covas da nada negra.
Chegou o amor, ese fiel compañeiro, nunha mañá soleada de invernía,
entregaches o corazón que adoecía de saloucos de vida,
seguindo a estela da lúa, chegaches a cidade eterna,
e a grandiosidade do Coliseo enmudeceu ante a deusa celta.
Deixaches xa de morrer de tristura e semella forte o teu corpo de deusa,
o teu sorriso fíxose firme e as perlas destellan vida por algures,
a túa alma resucitou e abandonou a negra sombra,
e tanguen as campás das Ribeiras do Sor, porque hai vida na aldea.
A perfecta harmonía fíxose tanxible en ti, serea da bondade,
transmisora de paz, raíña das raíñas, e deusa da mitoloxía grega,
beleza sen parangón, simboloxía da muller, da diva e da matrona,
xa que ti es o sol, a lúa e as estrelas, ti, miña muller, a encumbrada.
Do seu libro A Deusa das margaridas murchas.

Ulloa García, José Carlos
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora