O 'vicio' na xente nova
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 04 de julio de 2019
Que a xente nova é un tesouro, eso témolo todos claro.
A xente nova ten toda unha vida por diante.
A xente nova ten capacidade.
A xente nova ten forza.
A xente nova ten vitalidade.
A xente nova ten un potencial inmenso
A xente nova permite o relevo xeracional, permite a continuidade, permite que o mundo siga
Pero:
A xente nova ten dous camiños a elixir: o da virtude ou o do vicio.
O da virtude é costa arriba, costa traballo ser unha persoa como é debido; porque moitas veces ten que nadar contra corriente.
O do vicio é pendiente, doadiño, aparentemente fai a vida fácil, divertida, moderna e o mundanal ruido pon moitos medios ó alcance das persoas para que caen na trampa
¿Cal é o camiño máis doado?
Deixarse levar polo mundanal ruido, sobre todo en idades temperás.
¿Cal presenta máis dificultades a primeira vista?
-O da virtude.
¿Qué queren os pais para os seus pupilos?
O mellor, sen lugar a dúbidas.
¿Qué lles dan?
O que consideran mellor; que moitas veces- é o máis doado, o que os fai máis felices a primeira vista.
Por eso moitos pais pásanse dando moito vicio ós seus pupilos.
Fano involuntariamente, pero fano en máis dunha ocasión:
-Que non lles falte de nada; que para eso se sacrifican seus pais.
-Que non sufran, que xa sufriron abondo os nosos devanceiros.
-Que vaian mellor vestidos que ninguén para que destaquen.
-Que leven un móbil á escola por se precisan algo, que chamen á casa. (Como se na escola non tiveran quen os atendera
)
-Que teñan carné de conducir e coche ós dezaoito anos aínda que non teñan os estudios rematados, porque a familia responde
-Que non pasen necesidades que xa pasaron seus pais abondo.
Etc, etc.
Estas complacencias encaixan moi ben nos tempos que vivimos: hedonismo, consumismo, materialismo
.
¡É tan doado deixarse levar..!
Pero debemos reflexionar un pouquiño e pensar que:
Os nosos antepasados pasaron as que lles tocou pasar no seu momento.
Nós temos que vivir os tempos convulsos que están vixentes actualmente.
Os nosos descendentes terán que pasar o que corresponda ós tempos que lle toque vivir.
De loitar ninguén se salva.
Grazas que:
-Por unha banda está a xuventude que sabe sacrificarse preparando un futuro prometedor, rodeándose de boas compañías, comportándose, conservando a cabeza no seu sitio...
Este colectivo ten moito que loitar, moita competencia, moitos obstáculos que superar; pero -como está habituado a superar retos-, vai alcanzando o lugar que lle corresponde e consigue saír adiante.
¡Parabéns!
-Por outra banda está unha minoría non tan minoritaria- da xuventude que lle deron todo feito e non sabe adaptarse á realidade da vida: non encontra o seu lugar, porque ningún lle vai á súa medida.
Querendo ou sen querer, este colectivo de xentiña o mellor que pode facer é adaptarse á realidade se non quere saír pola tanxente
No mellor dos casos: vai desperdiciar unha parte da súa xuventude; pero
De augas perdidas, medias recollidas
Máis vale tarde que nunca.
É unha mágoa e pode que nós como sociedade sexamos tamén responsables: os gobernantes en primeiro lugar e logo a sociedade en xeral e a familia en particular.
Terá que ser a propia vida quen lle dea as leccións oportunas que a familia non lle puido ou non lle soubo dar no seu momento.
Mentres tanto: Os proxenitores: sufrindo e reflexionado:
-Quizais lles deramos máis do que deberamos
-Quizais non deberamos consentir tanto
-Quizais nos enganaramos cando protestábamos ante o profesorado dicindo que lle esixía demasiado
-Quizais desperdiciaramos a oportunidade que nos deu a Igrexa de encauzalo/a polo bo camiño como Deus manda
Desgraciadamente a veces escóitase que Deus non está onde debe estar; pero os que non estamos onde debemos estar somos nós.
A Palabra de Deus é pura e limpa, medicina para a alma e guía espiritual para a vida.
Difícil é cumprila na vida de cada día; pero ten as súas recompensas.
-Quizais
Pero a vida segue.
O tempo pasa.
A sociedade evoluciona e o que non vai ó seu ritmo, quédase.
A xente nova criada con moito vicio, é unha carga para a familia e tamén unha carga para a sociedade.
E sobre todo, sobre todo: UNHA CARGA PARA ELA MESMA.
Pero en realidade:
A XENTE NOVA MERECE SER FELIZ
Este será o título do seguinte artigo porque: xuventude, divino tesouro
Moitas grazas ás familias que souberon marcar o camiño verdadeiro, -aínda que a veces tiveran que marcar límites-, encauzando debidamente ós seus pupilos; e moitas grazas a vostede por terme en consideración nesta ocasión.
¡Saúde e sorte!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora