Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A bágoa do amor

viernes, 05 de julio de 2019
Hoxe, o noso mar amosa as ondas virxinais da esperanza,
semella ledo, golpeando contra as rochas os hálitos de morte,
e os namorados andan a procura procelosa dos cantos das sereas,
e ti, miña raíña, noutro porto, mándasme a mensaxe dentro dunha botella.

Invádesme o corazón coas túas verbas, co teu pranto e cos teus choros,
semellas unha gacela loura, chea de pena e de dor,
e aló, na túa praia dos sonos, ecoas a túa voz silandeira,
chamándome polo meu nome e buscándome nas profundidades das adegas.

Namentres, eu miro á lúa e canto ó sol abraiado de pena,
e aló, onde a terra se xunta co ceo, asoman as bágoas da alma,
choro de mágoa por non terte, por non apreixarte, por non posuírte,
porque estás lonxe de min, lonxe dos meus brazos, miña nena.

O verán remata por fin, e vereite leda nun novo porto,
esquecendo os sinsabores da lonxanía e da soidade,
namentres outros brazos apreixan o teu corpo de meniña,
e derramas por ti a bágoa do amor e do desencanto.


Do seu libro “A Deusa das margaridas murchas”.
Ulloa García, José Carlos
Ulloa García, José Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES