Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rei Mago en Lugo

jueves, 10 de enero de 2008
Somos tres nenos lucenses que o pasado sábado fomos á Praza Maior ver ás SS. MM. Os Reis Magos de Oriente, recibidos oficialmente na Casa do Concello, e que atendemos moi ben ás palabras de Melchor, que nos dirixiu ós nenos desde o balcón do pazo municipal.

Chegamos un pouco tarde, non vimos a gran Cabalgata, e cando puidemos poñernos en lugar de escoitar ben, estaba o Rei -coroa e a barba branca- decíndonos ós nenos e nenas de Lugo o contentos que tiñamos que estar polas cousas que desta volta traían para nós.

O primeiro agasallo era o unha biblioteca para A Piringalla... ¿Estades contentos?. Siiiiii, contestamos a coro. “Pois aínda hai máis... porque vades ter un campo para practicar o deporte do beisbol”... Estades contentos?... Síiiiiiiii, volvemos a contestar con entusiasmo.

“Pois aínda hai máis... porque neste ano vanse dar pasos definitivos para que Lugo teña un Centro de Interpretación da historia desta cidade tan fermosa”... ¿Que vos parece?... ¡Ben!... berramos cun arrebato imposible de reproducir.

Detrás de nós, nos soportais do banco, alguén berrou: “Vota Psoe!”.

Renunciamos a subir a entregarlle as nosas peticións ó Rei. Non había lugar. As nosas aspiracións estaban colmadas... Os milleiros de nenos e nenas do arredor, inocentes, non se enteraron de nada, alucinados pola presencia da S.M. Nós (unha vez vello, tres veces neno, tres), enterámonos de todo. E non nos gustou.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania