Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións de San Sadurniño: recicladas por inclusión

miércoles, 03 de julio de 2019
O concello de San Sadurniño decidiu darlle unha segunda vida as súas papeletas electorais. Así que cedeullas a ASPANAES (que traballa con persoas con autismo e as súas familias) para que lles dera un novo uso. Entón, ASPANAES devolveulle 300 cadernos de notas elaborados con esa papelería destinada á nada.

O que están facendo publicamente San Sadurniño e ASPANAES non é nada novo: quenes tivemos familiares aos que lles tocou na mesa electoral, sabemos que traen para a casa un feixe de papelería que remata convertida en: esquemas estudantís, borradores de ideas, listas da compra, notas caseiras, rexistro de partidas, debuxos de nenos… etc.

Non, nin o concello de San Sadurniño nin ASPANAES inventaron nada novo. En cambio teñen o mérito de oficializar e dar valor a unha boa costume caseira, reforzando as boas costumes da nosa xente. Ademais fai dunha acción ecolóxica unha oportunidade para que a cidadanía valore e visualice o traballo que se fai nos centros ocupacionais.

ASPANAES e San Sadurniño tamén están velando pola propia memoria: imaxinemos que, nun futuro, alguén quere investigar algún aspecto sobre os procesos electorais en San Sadurniño. Ao mellor este caderno se converte nun documento clave que lle pode proporcionar información sobre a fonte oral da investigación.

Tamén hai que ter en conta a imaxe exterior que tanto a asociación como o concello proxectan con esta idea: unha imaxe inclusiva, comunitaria, solidaria e cooperativa.

Non sei se haberá máis iniciativas como esta, ogallá que si. En todo caso hai que felicitar a San Sadurniño e a ASPANAES desexando que, nun futuro, a excepción se faga regra e todas as eleccións se reciclen por inclusión.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES