Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre soldos e comisións

lunes, 01 de julio de 2019
Hai catro días escribín un relatiño (que no momento de escribir isto aínda non se publicara) no que falaba das dedicacións exclusivas nos concellos e deputacións, e dando a entender de que agora todo o mundo se quere meter na política (de aí a proliferación de tantos partidos) para mamar do teto da vaca.

[FOTO]Pois ben, non sei se foi ó seguinte día ou ós dous días cando asomaron publicacións sobre os soldos que empezaban a implantar os novos alcaldes e os presidentes das deputacións. Ante isto, corroboro aínda máis o meu malestar ou a miña denuncia sobre eses soldos que me parecen, non excesivos, senón estratosféricos en concellos que tampouco é que sexan tan importantes. Hai alcaldes que nun santiamén xa se subiron o soldo nun 30%. Cando para o paisano de a pé se algunha vez lle soben algo é, como moito, o 1 ou o 2 por cento. Como moito. Hai alcaldes que van ganar case 54.000 euros ó ano. Unha barbaridade! Para un servidor, ese soldo, nin tan sequera o merecería un alcalde dunha gran cidade. Alguén estará pensando na responsabilidade que implica, que supón tal posto. Como a dun bombeiro? A dun ATS? A dun mestre? A dun garda civil? A dun médico?

O alcalde de Vilanova de Arousa, o paspán ese de “chacha para todo”, seica ganará 53.065 euros, e resulta que di que aínda cobraría máis como médico. E digo eu, por que non se quedou de médico? Porque a min non hai quen me quite da cabeza de que, a maiores do soldo, hai comisións, favoritismos e “trapicheos” que axudan (e moito) a encher as arcas deles. Intúo que cada vez que aparece algún concurso para a adquisición dalgunha obra de certa envergadura, aí as comisións e favoritismos inician o baile de San Vito.

E xa que comentaba ó principio o das dedicacións exclusivas, agora xa se sabe que, en Ourense, por exemplo, máis da metade dos concelleiros vivirán á nosa costa. Ourense; que se pode dicir que é unha vila grande, nada máis. E todo o que acabo de comentar neste Recuncho multiplicado por dous. É dicir, o mesmo coas deputacións, claro. Digo o que dicía nese Pingas: somos os tetos da vaca.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania