Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Frei Xosé de Lugo

miércoles, 09 de enero de 2008
Os lucenses sabían que marcando o 982.229603, a partir das nove da mañá, era frei Xosé quen atendía o teléfono, para que os seus diocesanos puidesen falar directamente con el, sen intermediarios, sobre o tema que lles apetecese.

Frei Xosé chegou a Lugo a comezo dos anos oitenta para suceder a Monseñor Antonio Ona de Echave, maxestuoso, ampuloso á forza pola súa estructura persoal, necesariamente distante, con anel para ser bicado. Con virtudes importantes, como a de comprender o papel dos medios de comunicación, e crear unha emisora -Radio Popular- que revolucionou a comunicación lucense liderando unha bandeira de liberdade como nunca na cidade se vira e escoitara.

E nesto que ven Frei Xosé, franciscano, falando galego, con voz cantora, sempre con palabras de paz, con portas abertas, con mans abertas... E Lugo foi, pouco a pouco, sendo taladrado pola constancia deste discípulo do de Asís, que fixo o que puido nunha diocese con clero vello, con diocesanos envellecidos, cunha circunscrición aínda subdesenvolvida que foxe coma tola hacia a modernidade.

Para os revolucionarios foi un moderado; para os moderados, un revolucionario. Para a xeneralidade dos lucenses, un home bo, dialogante, aberto, que camiñaba coma todos unhas rúas de pedra que gravan todo o que escoitan, que recollen as pegadas máis febles, que nunca están soas porque levan encima o peso das vidas; o peso da vida.

Frei Xosé morre en loor de multitudes, como deixando paso libre para unha nova época, de renovación dunha diocese que xa se anovou coa súa presenza, exemplo de persoa de boa fe.

Descanse en paz, Frei Xosé, humilde por definición e por exercizo, santo varón queimado no lume lucense “ad maioren dei gloriam”. Milleiros de lucenses pregan por el.

Desde www.galiciadigital.com lanzamos á Rede (urbi et orbe) desexos de vida virtual e nas memorias de todos da lembranza do home bo que está sendo xulgado, sen dúbida con abondoso superavit, diante do Consello de Contas que ten competencia sobre todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania