Achéganse as xornadas do Proxecto María Balteira que comenzan o próximo luns 1 de

xullo e que rematan o 7 de xullo adicadas a MARÍA BALTEIRA e aos xograres betanceiros Pero de Ambroa, Pero de Armea e Pero Amigo de Sevilha coincidindo coa celebración dos 800 anos do traslado de Betanzos ao Casteo de Untia e como actos previos á XXII Feira Franca Medieval dedicada este ano aos insignes bardos e á famosa soldadeira de Betanzos. Tamén na Feira Medieval haberá sorpresas relacionadas con estes persoeiros.
PROGRAMA/AXENDA DE ACTOS:
LUNS 1
20:00 horas, Salón Azul do Liceo:
PRESENTACIÓN do proxecto coa presenza de representantes das diferentes entidades que participan tanto na organización como nas colaboracións.
MARTES 2
20:00 horas, Salón Azul do Liceo:
RECITAL poético: "Todas somos María Balteira". Recital en feminino coas poetas María Pereira, Loreto de Castro, Clara Blanco, Teresa Ramiro, María Xosé Lamas, Branca Villar, Emilia Martinez Fuentes e Mariola Hermida.
MÉRCORES 3
20:00 horas, libraría Biblos:
CONFERÉNCIA "Betanzos na Lírica Medieval galego-portuguesa" cos filólogos betanceiros Concha Delgado (Catedrática de filoloxía galego-portuguesa) e Moncho Pena (Profesor da UVIGO, Universidade de Sta.Bárbara en California e UNED-Madrid), especialistas en lírica medieval.
XOVES 4
20:00 horas, libraría Biblos:
CHARLA COLOQUIO, "O galego do século XIII ao seculo XXI. O futuro é agora" con Eduardo Maragoto, Lingüista, presidente de AGAL e Xulio Loureiro, mestre de galego no IES As Mariñas.
VENRES 5
20:00 horas, Salón Azul do Liceo:
MESA REDONDA: "800 anos, 800 versos, 800 histórias" con Alfredo Erias, director do Museo das Mariñas, Manuel Portas, profesor e escritor autor de Lourenzo xograr e premio Blanco Amor de literatura, e Marica Campo, mestra e escritora autora de Confusión e morte de María Balteira.
22:00 horas: Porta da Igrexa de Santiago.
CONCERTO de música barroca cortesía do Café Lanzós.
SÁBADO 6
20:30 horas, Igrexa de San Tirso, Ambroa, Irixoa. RECITAL poético "Amigos de Pero" homenaxe a Pero de Ambroa e Per' Amigo de Sevilha, cos poetas Alberte Momán, Ramiro Vidal Alvarinho, Miguel Queipo, Emília Martínez Fuentes, Branca Villar, Clara Blanco, Luís Mazás, Moncho Bouzas e Manuel Miragaia. Ao rematez coloquio co público.
DOMINGO 7
11:00 horas, Palco de música no Cantón: Andaina a Armea (orixes de Pero de Armea e María Balteira) guiada pola mestra de galego do IES As Mariñas, Dores Cao.
http://npggazeta.gal/index.php/proxectomariabalteira