Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

25 concelleiros

viernes, 28 de junio de 2019
Ourense e Lugo son concellos similares en poboación e en concelleiros. Por iso causoume sorpresa coñecer como vai ser a organización do concello ourensán nos próximos catro anos, en canto a dedicacións exclusivas e dotacións.

De 25 concelleiros ourensáns, 15 van ter dedicacións exclusivas. Isto é, renuncian ás súas profesións, se as exerceran, e dedícanse a tempo completo ao concello.

Para que non haxa problemas, a todos os grupos lles toca algo: Ao Bng, que ten dous concelleiiros, unha dedicación e un auxiliar. Igual para Ciudadanos, que tamén ten dous concelleiros. Para o Psdeg, que ten 9 concelleiros, haberá tres dedicacións exclusivas, 1 técnico asesor e un auxiliar. E para o goberno municipal, conxunción entre Democracia Ourensá e o PP, con 14 concelleiros, haberá dez dedicacions exclusivas. Á parte créase a figura de Tenente de Alcalde, coa remuneración prevista na normativa vixente, mantense o número de persoal de confianza, e os salarios mantéñense igual pero a asignación por grupo increméntase a 700 euros por grupo máis 700 euros por concelleiro.

Nova coma esta préstase a dous puntos de vista contrapostos. O primeiro, considerar que estamos falando dunha administración que vai precisar quen a administre. E calquera administración precisa dotación para retribuir aos servidores. Que se para calquera empresa privada fai falla persoa ou persoas responsables que a dirixan, unha empresa pública coma un concello, en Ourense ou Lugo por exemplo, fai falla administradores experimentados, formados, responsables, que se dediquen con todo o seu saber e poder ao goberno da cidade.

E entonces invade como un raio o noso cerebro ese segundo punto de vista que entende que eiso estaría benn se para as listas se escolleran os mellor formados, os máis experimentados e capaces e non os máis amigos, os máis fieles, os menos discrepantes. E un pondera os dous puntos de vista, sabendo que esa dualidade o acompañará sempre..

Que quede claro que todo esto que levo dito está referido a Ourense. Que Lugo non ten nada que ver no tema. Ata que nos conten, se nos contan, como se organizan aquí.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES