
As Vilariñas 2019 van ao sur de Brasil, á prefeitura de Alegrete, no estado de Río Grande do Sul. O técnico da prefeitura e profesor Jefferson Leite Costa Leite que ten participado nas tres edició s do Certame VILARIÑAS comunicounis que ten ideado o PROJETO VILARINAS NO VARAL, que a modo de exposición levará os seus micro-poemas e as VILARIÑAS 2019 á UNIPAMPA (Universidade estatal do Río Grande do Sul), UERGS (Universidade estadual do Río Grande do Sul), e nun Pub Bar e nunha praza pública da prefeitura (Concello) de Alegrete.
É para nós unha grande satisfacción o recoñecemento do noso certame noutro país da lusofonía e que as VILARIÑAS sexan protagonistas, e mesmo co seu alcume, neata fermosa iniciativa. As "herbas pequerrechiñas" do Vilariño de Díaz Castro amosan novamente a importancia das cousas pequenas, con estes micro-poemas galegos que acadan, desde un humilde certame, o irmanamento con micro-poemas do Brasil.

Das exposicións, daremos conta na nosa web e nas redes sociais da NPG Nova Poesia Guitirica e Os Vilares Lareira de soños con fotografías que nos enviarán desde o país co que compartimos a língua no emisferio sur, Brasil. No Certame deste ano, participaron 120 Vilariñas e moitas delas (arredor de 100), formarán parte desta exposición de micro-poemas en centros universitarios, local de hostelería e dunha praza pública nun proxecto (VILARINAS NO VARAL) no que as Vilariñas serán as protagonistas.
A cidade de Alegrete está ao sur do país, no estado de Río Grande do Sul e conta con uns 80.000 habitantes. O noso agradecemento a Jefferson Leite Costa, o noso embaixador "Vilariño" no Brasil!!