Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Garañón en Lugo

miércoles, 26 de junio de 2019
Con motivo do pasado Arde Lucus, por intereses festeiros e familiares, fun contemplar a entrada de romanos e castrexos polo barrio da Ponte para, logo de entrar pola ponte de orixe romana, entrar ao edificio das Termas romanas, hoxe balneario, e alí facer recreacións de celebracións que, se non eran así no tempo de Roma, son moi ben acaídas para esta festa de recreación histórica.

Con este motivo, é lóxico que nalgún momento se dirixa a mirada cara ao parque Rosalía de Castro, e que o ollo incrédulo contemple o cadáver ergueito do edificio do Garañón, autorizado polo Concello en mala hora, desautorizado posteriormente pola Xustiza, pero sen que desde entón se tomase a decisión definitiva de desfacer o malfeito.

E xorde a pregunta de quen non coñece a historia de cómo é posible que ese mamotreto estea nese lugar, e a resposta que estimamos lóxica é a de que aí non se debía construir nada, que se vai tirar esa aberración urbanística, aínda que xa levamos moito tempo nesta situación, que agardamos remate axiña.

Pode que estes días festeiros fosen máis contempladas estas torres nonnatas, e que ademais inflúa o cambio ou incorporación ao goberno municipal, o caso ´que a Asociación de Defensa das Costas do Parque ven de anunciar que pedirá ao novo goberno lucense que se derrube de inmediato o edificio do Garañón.

Quen preside esta asociación é Marcos Bourio, loitador desde o primeiro día contra unha construcción que pode ser erixida en propiedade privada pero que as súas dimensión e situación invaden un especial dereito moral dos lucenses de que non nos pechen os ollos cara a un dos nosos maiores ben naturais, como é a vista do val do Miño desde a Pérgola do Parque.

Non se distinguíu o anterior goberno municipal por tomar decisións enérxicas en temas conflictivos, e este seguro que o é, e aínda que os cambios non sexan especialmente ostensibles agás a incorporación do Bng, hai que agardar que se dea solución a un tema que preocupa e moito, dun edificio que a Xustiza obriga a derrubar e que aínda que nos temamos que pode ser oneroso para a cidade, nada se gaña adiando a solución dun problema; nada gaña a cidade tendo o esqueleto do garañón morto como un desafío ao bo gusto dos lucenses e aos intereses da cidade.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES