Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Novas e antigas construcións

martes, 25 de junio de 2019
Nestes tempos de múltiples informadores a través dos máis diversos medios, preocupámonos de informar e comentar novas accións, iniciativas e construcións, de maneira que as noticias de novos edificios, portos, aeroportos, estacións ou pontes enchen os informativos e copan a nosa atención, por estimar que todos eles son signos de progreso social e melloría das condicións de vida de todos os afectados.

Pero ocupámonos moito menos daquelas infraestructuras que van perdendo atención, que deixan de utilizarse, que esmorecen, non se sabe que facer con elas e poden esborrallarse por falta de atención. Un exemplo a escala galega dunha situación así é a que foi espléndida base americana de Bares, que eu visitei sendo estudante a mediados dos anos sesenta e, cando quedou sen uso, foi envellencendo lastimosamente ata que a Concello de Mañón a adquiriu por 76.000 euros para albergue ou luxoso hotel.

En Lugo temos centos de antigos edificios cos que non sabemos que facer, por ter quedado sen uso, por non ter diñeiro para a súa restauración, e que se non se toman medidas en relación con eles axiña quedarán convertidos en ruínas.

Excelente exemplo de monumento en perigo é o Convento do século XV de Penamaior, en Becerreá, adosado á monumental igrexa románica do século XII, que os seus propietarios poñen á venda por 600.000 €, por non poder darlle a vida nin a atención que un Ben de Interese Cultural precisa.

O problema de Lugo e de Galicia é de o de ter numerosos monumentos e fondos nunca abondos para atendelos, ou milleiros de mámoas que non se excavan por non saber que facer despois cos achados que se atopen.

Vellos mosteiros en ruina agardan pola súa reconversión en centros de turismo rural; magníficos pazos que non poden ser atendidos polos seus donos, póñense á venda na procura dun comprador con posibles para volver a brillar como palacios rurais; e no rural aínda persiste a tendencia de deixar as casas tradicionais para sustituilas por impersonais chalets. E a cuestión está clara. Novas instalacións, si. Pero sin esquecer as antigas construcions que abundan na nosa xeografía, que non parecen ter outro futuro que o derrubamento e a desaparición.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES