Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis do 50%

miércoles, 09 de enero de 2008
A normativa vixente esixe que alomenos o cincuenta por cento do ensino se faga en galego, debendo pois impartirse a metade das asignaturas no noso idioma. Esta é a cifra mínima esixida, pero a Administración pretende que se sobrepase por convicción, pola realidade do contorno, por necesidade social.

Cando se escoitan voces que falan de recesión no idioma, cando desapareceu aquela febre doutrora a prol dun idioma de loita e reivindicación, cando aínda non se conseguiu –a pesar dos corenta anos de marcha triunfal- que o galego se asentase de xeito definitivo nas diversas capas da nosa sociedade, a Consellería de Educación pide ós centros privados ou concertados que se faga un esforzo que permita superar a porcentaxe mínima de presencia do galego nas aulas.

Antes, cando a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria tiña tamén as competencias da política Lingüística, a Consellería era quen de programar toda a acción da Xunta neste campo. Pero ahora, coas competencias atribuídas á Secretaría Xeral dependente da Presidencia da Xunta, tampouco ten porque haber problema, xa que a Consellería está tamén en mans do Psoe e a coordinación está garantida.

A Secretaría Xeral traballa no campo educativo, por ser o máis chamado a recibir todo tipo de accións de impulsión do idioma galego, non só por lugar axeitado para a súa implantación senón porque se traballa con visión de futuro, e ahí están as novas xeracións de galegos aprendendo a andar polo mundo. E a Consellería de Educación está condenada a entenderse coa Secretaría de Política Lingüística porque se unha ten os medios a outra ten os elementos humanos, e da conxunción de esforzos ten que xurdir un bo resultado.

Pero, dada a realidade que nos envolve, o cincuenta por cento parécenos unha porcentaxe moi alta, e Galicia podería darse por contenta se nesta loita de promoción do idioma que nos é propio consegue que os profesores impartan en galego a metade do temario. Así, cumpriríase a normativa vixente e, sobre todo camiñaríase con paso firme na galeguizacion de Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES