Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Queixos vilalbeses para o Papa

viernes, 21 de junio de 2019
Habitualmente, nas visitas de estado, entre gobernantes crúzanse agasallos institucionais, que nos países democráticos coma o noso teñen que ser debidamente rexistrados, e dar conta deles ao erario público para ser considerados como propiedade pública e non da persoa que os reciba.

Cando as visitas son ao Papa, o habitual é que a Súa Santidade entregue aos visitantes unha biblia, un rosario, ou agasallo similar, propio do seu cargo ou condición. Neste caso non sei se o Papa entregou algo ao recibir o agasallo vilalbés, pero posiblemente non estaba preparado para un galano así.

Porque foi noticia agradable saber que unha expedición promovida pola unidade pastoral de Vilalba viaxou a Roma, onde –acompañados polo cardenal vilalbés Rouco Varela- foron recibidos polo Papa, posando todos para os fotógrafos con visible alegría.

A embaixada vilalbesa agasallou ao Pontífice con latas de conservas de
Cariño, e dous queixos de San Simón para acreditar a orixe vilalbesa dos vixeiros.

Cada vez se estiman máis os agasallos de productos gastronómicos, pola súa utilidade inmediata, e mesmo pola novidade que supoñen e a sorpresa de quen o recibe. Porque o Papa pode coñecer e ter noticia das conservas galegas, pero cabe supoñer que é a primeira vez na súa vida que ve un queixo de San Simón, xa non digo probalo que é posible que ata o de agora non chegaran ao Vaticano, nin ao seu arzobispado de Bos Aires.

Cndo se dispón dun producto senlleiro como é o queixo de San Simón é necesario e xusto utilizalo en agasallos institucionais ou cuasi institucionais como neste caso. Que teríamos máis produtos que enseñar ao Papa, pero non era cousa de viaxar ao Vaticano cun par de capóns ben vistosos dos que estamos afeitos a producir, porque non se prestan para ocasións coma esta.

Esta moi ben o de facer patria, e cando máis lonxe e canto máis alto, mellor, así que quede esta noticia como exemplo de promoción de producto vilalbés, e como noticia curiosa do ano 2019 relacionada con Vilalba… Non como a maior noticia política, que esa é outra e estámola vivindo, pero xa se sabe que non só de política vive Vilalba nin os que a Vilalba nos referimos nas nosas informacións e comentarios.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES