Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá, Lugo (1)

jueves, 20 de junio de 2019
Autores: José Manuel Blanco Prado - Manuel Muñiz Besteiro

Damos as grazas as seguintes persoas polas informacións recadadas na elaboración do presente traballo: Anxo Eiriz Mouriz. Socorro Vega. José María Álvarez. Javier Rodríguez Picado. María Rodríguez Montaña. Carmen Neira López. Manuel López Pérez. Celestino Rodríguez Raimundez. Gonzalo García Vázquez. Antonio Figueroa Paz. Edmundo Fernández.


I. Trazos xeográficos e históricos do Concello de Becerreá
O concello de Becerreá forma parte da comarca dos Ancares, que aglutina aos concellos de Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro. Este concello ocupa unha extensión de 173,3 km2 e posúe, segundo o I.G.E. (Instituto Galego de Estatística) do ano 2016, unha poboación de 2921 habitantes distribuída en 26 Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá, Lugo (1)parroquias (1).

Os eixos de comunicación máis importantes son a Autovía do Nw., ou A-6, A Coruña - Madrid e a estrada N-VI, Madrid - A Coruña, que percorre o municipio, atravesando de Leste a W. Ámbalas dúas danlle unha importante accesibilidade á capital provincial, Lugo, distante uns 42 km. Nun nivel inferior cómpre distinguir a estrada comarcal C-535, que une Sarria con Becerreá e a estrada local LU-722, que comunica Becerreá con Navia de Suarna e Cervantes.

A nivel xeomorfolóxico podemos sinalar tres unidades de relevo: por unha banda, un grupo de montañas, que sobrepasan os mil metros (Pena do Pico, 1182 metros), situadas no linde occidental; por outra, as fondas depresións erosionadas polo río Navia; finalmente, entre ámbalas dúas xorden elevacións de leve topografía.

A nivel demográfico o trazo máis relevante ao longo do século XX foi o descenso continuado da poboación moi cercano ao 60% (2). As causas deste descenso continuado a poboación radican no forte éxodo rural e na emigración, que foron acentuando o proceso de avellantamento demográfico.

Con respecto a actividade económica os dous piares sobre os que xira a economía familiar son a explotación forestal e as explotacións relacionadas con gando bovino mais nunha orientación láctea. A industria está ligada ao sector agropecuario e así queda reflectida nos serradoiros e nas fábricas de pensos (3). En canto ao sector servizos, a vila de Becerreá conta con diferentes servizos públicos, e constitúe o principal lugar de abastacemento comercial para os habitantes dos concellos da comarca dos Ancares.

A nivel histórico hai fontes que sitúan en Becerreá ao pobo preromano dos Zoelas, que tiña a súa capital na actual Oselle. En época romana pasaba por este municipio a vía, que ía dende Lugo a Astorga, o que lle deu unha gran sona ao ser un relevante centro de comunicación. Desta vía consérvanse na actualidade importantes pegadas. Da etapa Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá, Lugo (1)medieval é mester facer mención ao mosteiro de Santa María de Penamaior que malia que hai documentos, que mencionan a súa fundación no século XII, porén a visión máis obxectiva xa o data moito antes. No século XIX, cómpre salientar varios feitos: dunha parte, os enfrontamentos acaecidos a principios deste século entre a poboación local e o exército invasor francés; doutra, a creación no ano 1835 dos concellos de Cancelada, Doncos, As Nogais, Ouselle, Penamaior, Somoza de Vilouzán, Neira de Rei e Triacastela no partido xudicial das Nogais. Non obstante anos despois -1840- a Xunta Provisional de Goberno da provincia de Lugo acordou a formación do concello de Becerreá outorgándolle a cabeceira do partido xudicial (4).

II. Os Cruceiros e cruces do Concello de Becerreá
Castelao dicía que detrás de cada cruceiro hai unha historia, que pode ser de desgraza, de ofrecemento, de devoción, de contacto coas ánimas, de enterramento, de penitencia. Mais unha historia que deu orixe a esa obra, que xunto con outras moitas espalladas por toda a xeografía do país, conforma unha das manifestacións máis importantes da nosa arte popular (5).

Dende unha óptica histórica cómpre facer mención a que, aínda que xa había algúns cruceiros denantes do século XVI, porén foi o ambiente relixioso creado a partir contrarreforma o que posibilitou o seu desenvolvemento. Así os bispos posteriores ao Concilio de Trento impulsaron e fomentaron o seu desenvolvemento por medio das constitucións sinodais, como as do bispado de Ourense de 1622 e as do bispado de Lugo de 1675.

NOTAS:
1. Agüeira (San Xoán), Armesto (San Román), Becerreá (San Xoán), Cadoalla (San Pedro), Cascallá (Santa María), O Cereixal (San Xosé), Cruzul (San Martiño), Ferreiros de balboa (Santa María), Fontarón (Sancti Spiritus), Furco (San Xoán), Guilfrei (Santa Eulalia), Guillén (San Pedro), Liber (San Remixio), Morcelle (San Xulián), Ouselle (San Cosme), Ousón (Santo Adrao), Pando (San Xoán), Penamaior ( Santa María de San Lourenzo), Quintá da Cancelada (Santa Eulalia), Sevane (San Xoán), Tortes (San Pedro), Veiga (Santa Mariña), Vilachá (San Pedro), Vilaiz (Santiago), Vilamane (Santa María), Vilouta (Santa Mariña).
2. EQUIPO “IR INDO”.: Galicia en Comarcas. Os Ancares e O Courel, Vigo: Ed. Ir Indo, páx. 98.
3. ÁLVAREZ CAO, Charo.: “Becerreá”, en Galicia, pueblo a pueblo. A Voz de Galicia. A Coruña, 1993, páxs. 145-149.
4. EQUIPO “IR INDO”.: Galicia en Comarcas. Os Ancares e O Courel, Vigo: Ed. Ir Indo, páx. 100.
5. RODRÍGUEZ CASTELAO, A.: As cruces de pedra na Galiza, Madrid: Akal, 1975 (Ed. Facsimil).
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES