Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Poleo-Menta

martes, 08 de enero de 2008
Moito envexo á xente que ten as cousas claras, sobre todo á hora de chegar a un establecemento hostaleiro e pedir algo. Eu, que son deses individuos indecisos que todo o analiza, que se si, que se non, que se isto, que se aquilo, non, non, mellor estoutro... Eu, como dicía, recoñezo un mestre da demanda en canto o vexo. Onte pola tarde, sen ir máis lonxe, estaba eu na Coruña tomando un café nun bar de segunda división, cando de repente fixo a súa aparición un fulano, non moi grande, non moi gordo, non moi guapo, pero con algo que lle notei de contado, non me pregunten que, non sabería dicirlles, pero aquel fulano tiña algo. Encamiñouse dereito á zona da barra onde estaban os xornais, e despois de tomarse o seu tempo para escoller o que lle pareceu acabalgou o tallo con decisión e dirixiuse ó camareiro con estas mesmas palabras: -“Ponme unha estrella fría, unha media ¡eh! E tráeme tamén unha bolsa de patacas Lais ó punto de sal” ¡Que tío! Ata sabía o do punto de sal, déronme gañas de volver a cabeza cara el e berrarlle Ooooolé! A todo isto o fulano en cuestión non atrapallou nin unha soa palabra, colocounas todas no seu sitio e non lle fixo falta levanta-la voz, irradiaba autoridade, ata o camareiro quedou medio amolado e non lle quedou máis remedio que face-lo encargo con prontitude sen sequera poder preguntar se a cervexa a quería fría ou do tempo.

Iso si que era un profesional da barra, que digo profesional, era un catedrático do tallo, este home velo nun restaurante cunha carta diante tiña que ser unha gozada. De verdade que me deron gañas de aplaudir ¡que tipo! Sentinme pequeno, insignificante, funme camuflando pouquiño a pouco entre as follas do meu País, ata case desaparecer. Mentres tomei a sorbiños pequenos o meu poleo menta, unha infusión, todo hai que dicilo, que non me gusta nada, pero que ante a insistente pregunta do camareiro eu solicitara. ¡Que merda! Eu o que quería era un café con leite, ¿dará clases este fulano de cómo achegarse á barra dun bar con autoridade?

Anse, maio 2004
Ansemil, Xosé Luis
Ansemil, Xosé Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES