Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Nova Poesía Guitírica NPG ten novo logo

viernes, 21 de junio de 2019
A artista multidisciplinar e poeta da NPG Luz Darriba ven de agasallarnos con este deseño para imaxe do grupo poético nacido tres anos atrás na parroquia de Díaz Castro. Sinxeleza e expresividade. Luz, que é artista, non deseñadora, ten ideado esta imaxe entendendo que un logo ten que reunir unha serie de requisitos gráficos. Foi vectorizado e limpado en Bos Aires por unha das súas fillas (Aymará Ghiglione), que si é deseñadora gráfica. E aquí temos o resultado, que nos enche de orgullo e alegría e nos da aínda máus azos para seguir a traballar pola poesía, a literatura, a arte e a cultura. A folla de carballo conéctanos coa nosa estirpe e a tradición e a saiba que corre polas follas é o traballo comunal, de grupo, que tanto e tan bó nos ten levado a facer na NPG desde a humildade...

O logo, será desde agora a nosa imaxe identitaria, nas redes sociais, na web e en todo canto a NPG realice e participe. Ter de imaxe unha creación dunha compañeira recoñecida co Premio da Cultura de Galicia 2018 é para nós un privilexio que nos enche de orgullo e felicidade. Somos sortud@s!

Grazas a Luz e Aymará!!! Sentímonos honrad@s!!!
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES