Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O servizo como riqueza

jueves, 20 de junio de 2019
A palabra “servizo” ten varias acepcións.
Neste caso ímola empregar como unha riqueza.
-Cando unha persoa serve para algo, ten moito valor, ten cualidades, ten valía, ten talento…
-Cando unha persoa está o servizo dos outros, é unha persoa moi apreciada porque saben que poden contar con ela.

Certamente, a todos nos gusta que nos sirvan: ter persoas ó noso servizo é unha gran riqueza.

Saber que se precisas algo, sempre haberá quen che bote unha man, ten un valor incalculable

A servicialidade é unha virtude, un ben de moito valor.
¡Felices as persoas que a posúen!

Pero ser servicial tamén ten un prezo: esixe entrega, esixe sacrificio, esixe dedicación, esixe xenerosidade, esixe constancia, esixe…
¿Cal é daquela a recompensa de servir?

Ten moitas recompensas, porque:
-Unha persoa entregada é unha persoa cun gran corazón.

Ter un gran corazón xa é unha gran riqueza en si.
Non tódalas persoas teñen ese don.

-Unha persoa sacrificada é unha persoa que non regatea esforzos para ser útil tanto para si mesma como para as persoas que a rodean.
¡Un ben persoal e un ben social!

-Unha persoa con dedicación é unha persoa ocupada e non deixa tempo á súa mente para caer en malas tentacións.
Cando unha persoa se dedica a ser útil, non dá renda solta á súa lingua: mide as súas palabras, non calumnia, non ten envexa do ben alleo...
É unha persoa íntegra.

- Unha persoa xenerosa actúa co corazón na man, todo o seu está a disposición dos outros, é unha persoa desinteresada, altruísta…
Unha persoa xenerosa non entende de egoísmo, nin de envexas.

-Unha persoa servicial é constante no seu labor de servir, de ser útil tanto para ela mesma como para os demais.
É unha persoa de proveito.

Estar disposto a servir naquelo que cadaquén pode é unha gran riqueza para a humanidade.
A persoa que non serve, non serve nin para ela nin para os demais.

Realmente hai moitísimas persoas que consideran o servizo como unha riqueza; por eso fan tantas cousas desinteresadamente.
Así temos moitas persoas que fan voluntariado en diferentes campos:
-Catequistas que dedican horas e horas en ensinar catequese á infancia para que esta medre na fe.
-Asociacións sen ánimo de lucro que fan actividades encamiñadas ó desenrolo e á integracións das persoas.
-ONGs de todo tipo por terra, por mar e por aire.
-Persoas que dedican un tempo a visitar enfermos.
-Outras a servir alimentos en comedores sociais.
-Outras en promocionar tradicións.
-Outras a facer compañía.
-Outras donan órganos…

¿Cales son as recompensas para este tipo de persoas?
Este tipo de persoas fan o que fan porque lle sae da alma.
Xa se consideran felices con poder facer o que fan.

Recompensas, téñenas, pero:
-Moitas veces non se perciben a primeira vista.
-Moitas veces encontrámonos con persoas que non saben valorar o noso esforzo.
-Moitas veces encontrámonos con persoa desagradecidas.
-Moitas veces…

Pero nada… Nada cae en saco roto.
A Nartureza é moi sabia.
O Universo conserva o equilibrio.
Alguén leva conta de todo.
A Sabedoría Infinita controla todo.

“FACER BEN NON PESA A NINGUÉN!
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e por cantos actos de servizo deixa feito ó longo da súa vida.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES