Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recrear para contar a realidade

miércoles, 19 de junio de 2019
Ando estes días á procura de vellas liras que me axuden a contar os mundos de hoxe. Busco e atopo liras que outrora defenderon cousas que están nas antípodas de min mesmo. Outras, en cambio, foron valentes defensoras de valores e soños de liberdade e progreso. Quizais, reside nos cegos a parte máis pura do noso ser pero, tamén, polas circunstancias nas que vivían a máis manipulable. En todo caso, como ben reza a dedicatoria do libro de Mini e Mero, sempre houbo e segue habendo dous tipos de cegos: os que non ven e os que non queren ver. Os primeiros viven cos ollos do corazón perennemente abertos; os segundos só chegan a albiscar as paisaxes máis ou menos poboadas do propio embigo.

En todo caso, está claro que os primeiros cegos deixáronnos unha das mellores herdanzas da nosa cultura. Os cegos son o Pórtico da Gloria do noso patrimonio inmaterial. Aquí temos unha vantaxe respecto ao Pórtico da Gloria da Catedral e é que os cegos son susceptibles de ser recreados. As súas músicas e as súas formas poéticas son unha base moi interesante para contar a realidade de hoxe en día. En moitos aspectos, na nosa realidade suceden cousas moi similares ás vividas por eles pero as respostas teñen que ser radicalmente distintas. Nelas ficará retratado o avance ideolóxico da sociedade actual fronte á sociedade na que eles viviron. Esta evolución facilitou a mellora da calidade de vida dos cegos e, polo tanto, o abandono do duro oficio de cantores que ía sempre ligado á indixencia.

Dito todo o anterior, ten sentido rescatar a lira dos cegos e con ela cantar en liberdade, tal e como eles fixeron, poñendo á realidade negro sobre branco para instaurar a capacidade crítica como punta de lanza do progreso. Daquela, vai ter razón a miña querida Sés cando nos di que a tradición é a eternidade, unha eternidade que nos abre os ollos en liras de cego, fornecéndonos de romances ou sermóns para desdramatizar a realidade e darlle a forma da evolución.

Na eternidade da tradición podemos tecer a nosa realidade en formas distintas ás prefabricadas nos medios de comunicación, elaborando a nosa propia perspectiva para permanecer nun espírito libre que, ademais de achegarnos á criticidade, devólvenos ao berce da nosa propia tradición.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania