Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez

martes, 18 de junio de 2019
15 de xuño:
Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez

A UNED SENIOR, mantense firme na súa loita para previr o maltrato das persoas maiores, e moi especialnente no rural.

A protección dos nosos anciáns
Entre 2015 e 2030 prevese que en todos os países do mundo, haberá un aumento substancial de poboación de persoas maiores de 60 anos. Este crecemento será especialmente máis rápido nas rexións en vías de desenvolvemento. Si hai un aumento deste sector da poboación, pódese precedir que aumentarán tamén os casos de abusos das persoas de idade. Malia que é un tema tabú, o maltrato das persoas maiores comezou a gañar unha maior visibilidad como problema en todo o mundo. Aínda así, segue sendo un dos tipos de violencia menos tratados nos estudos que se levan a cabo a nivel nacional e menos abordados nos plans de acción contra a violencia.

O maltrato das persoas maiores é un problema social na nosa Galicia que afecta á saúde e os dereitos humanos de millóns de persoas maiores de Galicia e moi especialmente á Galicia Rural e é, xa que logo, un problema que require a atención debida por parte da comunidade internacional.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución 66/127 designa o 15 de xuño como Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez. A celebración deste día serve para que todo o mundo exprese a súa oposición aos abusos e os sufrimentos infligidos a algunhas das nosas xeracións maiores.

No último ano, aproximadamente 1 de cada 6 persoas maiores de 60 anos sufriron algún tipo de abuso nas súas comunidades.

As taxas de maltrato poden ser maiores e moi especialmente en Galicia pola falta de apoio institucional

O maltrato das persoas maiores pode conllevar graves lesións físicas e consecuencias psicolóxicas prolongadas.

Prevese un aumento do problema polo envejecimiento da poboación.

QUE PAPEL XOGA A UNED SENIOR?
Trátase dun programa formativo que inclúe temas de actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal.

Obxectivos:
Ofrecer formación en temáticas que interesan ás persoas de máis de 55 anos, co fin de mellorar a súa calidade de vida.
Proporcionar coñecementos, aprendizaxes e estratexias para o desenvolvemento integral e a autonomía persoal.
Favorecer a comunicación a través das relacións interpersonales e do encontro intergeneracional.
Proporcionar todos aqueles elementos necesarios para un mellor coñecemento da contorna cultural.

Para que a propia poboación maior sexa actor activo da súa propia vida e que non sexa allea aos cambios da nosa sociedade,a través das clases e talleres que participa de xeito activo, coa súa memoria histórica,a súa experiencia,o seu tempo libre,a súa xenerosidade e sobre todo participando coas xeracións máis jovened.
Trátase dun programa formativo que inclúe temas de actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal.

Que che aportará?
Un espazo universitario propio.
Un lugar de encontro onde intercambiar coñecementos e experiencias.
Un itinerario flexible, adaptado ás necesidades de cada estudante.
Unha orientación personalizada.
Formación próxima ao seu lugar de residencia.
Acceso ás Tecnoloxías da Información e Comunicación.

Participantes:
A UNED-SENIOR diríxese ás persoas maiores de 55 anos, con independencia da formación académica que posúan, interesadas en enriquecer os seus coñecementos.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES