Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pobo é soberano

lunes, 17 de junio de 2019
Acabouse o que se daba. Acabáronse os pactos e contrapactos. Algúns dos lugares que máis quero gobernaranos partidos que non quero (querer e non querer). Claro que eu ben sei que sempre fun algo torto para todo, pero politicamente falando, vou moito máis alá da miña teimosía. En Madrid gobernarán os contrarios. En Maceda xa hai semanas que o vaticinara. E en Ourense... en Ourense teño que baixar a testa e confesar que o pobo é soberano. Tamén é verdade que ó dicir isto asoma ós meu beizos un sorriso. Pero un sorriso burlón, claro. Porque o asunto, é dicir, o pacto ou pactos traen o seu aquel. Pero, repito, o pobo é soberano. Agora toca esperar acontecementos e ó mellor si que é certo que o pobo é soberano. Ó mellor é verdade que son torto de carallo. Por non ir co pobo soberano. Xa a probe da miña nai me dicía que lle saíra o máis protestón. Iso dito por unha nai é coma dicir o da ovella negra da familia. O certo é que ir sempre a favor dos débiles nunca me dará ganancias, pero... Pero hai sentimentos que aniñan na conciencia de cada un. A miña penso que é unha boa conciencia. Vai ti saber! Mirade, ata deixo que a miña conciencian a xulgue o pobo soberano.

Soberano tamén pode ser o que está a piques de acontecer no golfo de Omán. Cada vez soan máis forte os tambores de guerra. Oxalá quede todo iso nunha simple presunción; porque unha guerra só é boa para os que a inician, os que a propagan. Todo o demais serían perdas, principalmente nas vidas humanas, que neses casos sempre adoitan ser o máis inocentes. É certo que Trump seica aínda quere negociar e negociar. Pero deste desconfío eu unha barbaridade.

Soberanos si que asomaron personaxes españois en tan só dúas semanas. Se na pasada Rafa Nadal conquistaba París. Nesta foron Marc Gasol e Serge Ibaka conquistando nada menos que o anel da NBA, que son palabras moi maiores. Dáse a coincidencia de que Marc entra nos datos históricos por ser a única parella de irmáns (Pau Gasol) en acadar eses famosos e impresionantes aneis. E outro soberano é Pedro Almodóvar, que recibirá o León de Ouro de Venecia pola súa carreira.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania