Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noitebús

lunes, 07 de enero de 2008
Señores da Xunta.

Atópome que o noitebús non só continúa senón que se amplía. Tamén me atopo con que Galicia non destaca pola reducción de accidentes de tráfico. E con que, que eu saiba, non hai ningún estudo que demostre que o noitebús reduce a siniestralidade.

Non embargantes, unha subvención como a do noitebús vai direita a promocionar os desprazamentos da xente que non dispón de coche e carné de conducir, para facilitar o consumo nouturno de alcool e a producción de ruído molesta para os veciños, por exemplo.

É unha subvención á movida con cartos públicos, aproveitando ademáis un sector da sociedade con factor de risco en relación á adquisición de hábitos de consumo de alcool.

Subvención que, ademáis e por exemplo, fai máis doado vir de Burela a Ribadeo (ou viceversa), máis barato, con máis frecuencia de autobuses... de noite para a movida que de día para asistencia a consulta ó hospital.

Por favor, se estou equivocado, proporcionen os datos para que poda saír do meu erro...
Antonio Gregorio Montes
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES