Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reconciliarse co Padre Silva

sábado, 15 de junio de 2019
Pasei hoxe -onte para vostede- de novo pola exposición permanente que dende comezos de ano mantén aberta a asociación cultural Padre Silva nas costas da Casa do Concello e na que dun xeito abigarrado (o espazo dá para o que dá) este colectivo trata de manter acesa a labarada da memoria do Circo Ciudad de los Muchachos, ben coñecido por aqueles xa temos máis anos ás costas ca no fondo do camiño, pero non tanto, por exemplo, todos cantos hai algo máis dunha semana gozaron da posibilidade de escoitar música na súa sede primordial.

Malicio que o que vou escribir agora xa o escribín, máis ou menos, cando tiven a oportunidade de asistir ó acto de apertur unha fría mañá de domingo do pasado mes de febreiro. Sen embargo, non me magoa repetirme -é máis, incluso o fago a conciencia- porque dado que estamos en tempos mudantes, ata o próximo sábado indefinidos pero mudantes á fin e ó cabo, considero ben acaída a reflexión por se cadra que a alguén que ande nestes intres preto do cerroxo inmediato das portas da alcaldía de Ourense se lle dea por lela e poida tomala en consideración, xa sexa dun xeito literal ou con melloras da súa propia colleita.

Escribín liñas enriba "nas costas do Concello", non só porque a sala de exposicións se atopa instalada nun pequeniño local no edificio que dá fronte por fronte co que aínda lle chaman o "cárcere da coroa", na parte de atrás da consistorial, senón porque é de agardar que non sexa este asentamento un xeito de premonición e a nova corporación municipal continúe dándolle as costas a un proxecto que, sen dúbida, merece outro máis amplo e mellor situado equipamento.

Comentábame Manilo Doñoro, o secretario da asociación cultural e persoa que atende habitualmente o espazo (que fai o esforzo de manterse aberto tódalas tardes laborais do ano), que adoitan pasar algo máis de media ducia de persoas, cando non grupos de turistas, que coma chuvia miúda van descubrindo ou coñecendo con máis profundidade o que significou, por unha banda o proxecto educativo do Padre Silva e pola outra o incrible proxecto do circo, o máior espectáculo que logrou levar o nome de Ourense polo mundo ó longo de polo menos dúas décadas.

Teño nas miñas mans un libro publicado este ano e que se titula "Eso no estaba en mi libro de la historia del circo", escrito polo xornalista Javier Ramos que lle dedica o seu último capitulo no que di: "Esta es la historia de un cura comunista que fundó en tierras gallegas una nación de jóvenes con sus propias normas (...) y montaron un espectáculo de circo que alcanzó renombre internacional".

Definitivamente, Ourense precisa reconciliarse coa memoria do Padre Silva e os futuros gobernantes da cidade teñen, a partir do sábado, catro anos para facelo seriamente.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES