Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 14 de junio de 2019
Pacto pola climatoloxía

Escuridade. Claridade. Noite. Día. Tempo tolo. Vou ter que pactar con climatoloxía, pois tan ben non preciso luz para escribir coma, nun suspiro, non ver un carallo. Nubes negras que asoman polo ceo ourensán. Raios de sol que penetran pola ventá da miña casa. Quero sol? Quero chuvia? Quero calor? Quero frío? Tanto me ten! Por iso non penso pactar con ninguén. Nin có lóstrego que se oe, nin coa chispa que abraia. Nin coa Pingas de Orballopinga de orballo que descansa na herba verde dun lameiro, nin coa gota de suor que esvara pola cara queimada dun servidor. Tanto ten sentar á sombra dun amieiro coma sentirme Gene Kelly cantando e bailando baixo a chuvia. A Camilo Sesto chovíalle sobre mollado, mentres que ós Resentidos facíalle un sol de carallo. Así é que, climatoloxicamente falando, non penso pactar con ninguén. Que máis dá que caian chuzos ou que chova a cachón durante toda unha fin de semana coma que a canícula se deixe sentir durante toda unha hebdómada. Que pacte a andoriña coa rula, se queren. Ou o lagarto coa serpe. Agora mesmo o sol penetra con forza na cociña e sobra a luz acendida. Pero hai un cacho unha nube negra fixo que o día se volvera noite ficticia. Tempo tolo a tres días do corenta de maio. Non penso pactar co mes de xuño.

Vinte minutos

Unha menos dez da noite. É hora de estar na cama, pero non estou. Por que vou estar se tardarei en durmir? Así polo menos fago algo útil. O de útil é un dicir. Na cama podía soñar. Soñar esperto, claro. Porque se tardo en durmir, a ver que vou facer! O jazz de John Coltrane éntrame polos dous oídos. O fresco empezo a notalo nos brazos. Hoxe foi precisamente o corenta de maio. Hai refráns que teñen máis razón que un Pingas de Orballosanto. Para iso son refráns. Dentro de nada vou ter que volver cear. A ver, desde as oito e pico da tarde... Fareino tan axiña coma recolla. Unha mazá con pan. Gústame máis que se fora soa. Agora é Sabina quen me rapea optimistamente. Non sei facer nada sen música. Para pasear necesito música. Para traballar necesito música. Para escribir necesito música. Para ler... para ler, aínda que a música non me molesta, prefiro facelo en silencio. Unha en punto da noite. Noite pecha. Xa se pode dicir que estamos no día de San Bernabé. Patrón da Valenzá. Claro, por iso hai festas. Outro por certo, nin as cheirei. Xa non son o que era. Así nos pasa a moitos. Tampouco a música que escoito é a mesma. Agora é o meu admirado Jerry Goldsmith o que me introduce na cabeza a música, a súa música. Unha e dez da noite. Vinte minutos intentando facer algo útil. Algo que?. Vale; como de utilidade non ten nada, remato.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES