Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Será o sábado

viernes, 14 de junio de 2019
En moitas familias, de ordinario ben levadas, os problemas graves xorden no momento do reparto da herencia entre varios herdeiros, porque cada quen ten prefixado un reparto que pode non coincidir coas apetencias do resto, e destes problemas poden xurdir enemistades permanentes, que non hai peor circunstancia para a convivencia que o reparto de propiedades.

Non parece existir este problema no reparto de responsabilidades entre os que aspiran a gobernar conxuntamente nas institucións, aínda que o reparto ten a súa traducción cuantificable en beneficios de todo tipo, sendo o máis notable a posible repercusión en votos xa que o manexo de fondos a compartir ou repartir provoca forte impacto popular.

Velaquí por onde os primeiros temas nos que se puxeron de acordo Psoe e Bng no reparto de cometidos no goberno da cidade de Lugo foron os de Benestar, que queda para o Psoe e Cultura e Turismo que, como era previsible, serán da responsabilidade do Bloque.

Cando o Bng entra nunha institución a gobernar faise notar de xeito especial, e cando na Deputación xestionou estas materias deixou ben marcado territorio competencial e de xestión.

Nótase esta acción de xeito especial na cultura e no turismo, dous aspectos do labor do concello de Lugo, mesmos no ermo destes catro últimos anos nos que se algo brillaron foron festas, celebracións, Arde Lucus ou turismo… que agora terán impulso sustancial e conseguinte afianzamento do Bloque na política local capitalina, na que volve á actividade con máis forza que nunca.

Neste reparto da herencia froito da conxunción de forzas resultantes nas últimas eleccións, se esquecemos aos desherdados por razóns aritméticas, as forzas asociadas quedarán totalmente contentas, xa que para 13 concelleiros a alcaldesa en funcións xa anunciou trece concellerías, que aínda que numéricamente gañarán oito a cinco os socialistas, ben se sabe que esto non é cousa de números senon da competencias, de sustancia nos temas abordar, de brillo de cara ao exterior e financiación no interior.

Este sábado todo estará amañado. E non é extraño porque se beneficiarán todos os herdeiros, ata os da “lexítima curta”, os menos beneficiados pola fortuna, pero que hai que ter en conta porque votan coma os demais. E hai que telos contentos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania