Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 12 de junio de 2019
Como a unha pluma de paxaro

A cicloxénese Miguel fixo que parte do tellado do polideportivo de Baños de Molgas realizase o baile de San Vito. Que seica o levantou como a unha pluma de paxaro. A borrasca Miguel semella que fixo dano na provincia de Ourense. Aínda que eu, vendo tal cicloxénese, ou ben me coincidiu nun momento no que estaría pechado en algún lugar (coche, cafetaría ou casa) ou ben que o dano que fixo foi porque certas cousas non están tan seguras como se pensan. Perdón, como se deixan. Porque eu sigo denunciando que certas obras foxen da calidade por arte de encantamento, ou sexa, pola arte do aforro por parte dos contratistas. Non é normal que, por exemplo, nese mesmo pavillón de Baños de Molgas o aire levante o tellado cando semella que o repuxeran facía pouco máis dun ano. De tan mala calidade era? Ou é que se lle escapou Pingas de Orballoá seguranza? Ademais, se vos fixades, estes desastres sempre acontecen en recintos das administracións, que pagan as administracións: pavillóns, colexios, residencias. E o que é peor, en recintos que, moitas veces, albergan ou aloxan unha enorme cantidade de xente. Menos mal que no de Baños de Molgas non había ninguén. Porque tamén é verdade que, ultimamente, o seu uso disque brillaba pola súa ausencia. E sempre se dixo que, o que non se coida, acaba caendo.

Fartos de Rafael Nadal

Creo que entre franceses e españois, entre españois e franceses sempre houbo unha certa rivalidade de, chamémoslle, achegamento, polo menos. Hoxe os franceses teñen que estar xa un pouco fartos de Rafael Nadal. Practicamente todos os anos é o mesmo: sempre alzando a copa dos tres mosqueteiros. Doce anos (que xa son anos) ganando o Roland Garros. Ata eu recoñezo que ten que aburrir iso, o de ver sempre á mesma persoa ganando finais e máis finais. E se non que llo pregunten ó mellor xogador da historia do tenis, é dicir, a Roger Federer, que se viu impotente ano tras ano de vencer ó español. Creo que digo ben ó dicir o mellor xogador da historia. Nadal é moito Nadal, pero Federer, ai Federer, iso xa son palabras maiores, moi maiores. Ata hoxe teño que deixar caer un canto a favor de Dominic Thiem, que, o pobre, plantoulle cara a Nadal e logo de xogar durante catro días seguidos, que iso, quéirase que non, desgasta. E o desgaste tivo que ser dobre só con saber que tiña enfronte a unha máquina de moer, de triturar sobre terra batida. Tamén son dos que digo que Thiem acabará ganando algún Roland Garros. Ou máis. Perdín media tarde de lectura ou de escritura, pero, que demo, mereceu a pena ver a ese portento baixo o ceo de París. Si, definitivamente, os franceses teñen que estar fartos del.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES