Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menos mortes, pero mortes

Editorial - lunes, 07 de enero de 2008
Ten que ser ben difícil para un político presentar en público datos de menos mortes, pero moitas mortes de tráfico, e insinuar que estamos no bo camiño.

É verdade que neste último ano, por primeira vez desde hai corenta, se baixou nos tres mil mortos en España, douscentos cincuenta e catro en Galicia. É verdade que en Galicia houbo catorce mortos menos en 2007 ca no ano anterior. E con ser certo, por ser certo, arrepía.

Na cifra de mortos situámonos en 1968, hai corenta anos, cando había máis ou menos a décima parte dos coches que hai agora, porque desde entón mellorou a teoría e a práctica, os xeitos de conducir, as estradas, os coches, o país. Nada é igual que entón. Ninguén de nós é o mesmo que entón. Non se poden establecer paralelismos entre aquela data prehistórica e o mundo de hoxe, nos primeiros anos do século XXI.

Certamente, as autoridades competentes – só faltaría-non ousan lanzar unha campaña publicitaria en toda regla, que sería voltear as campás da ledicia, porque toda mellora que se consiga neste aspecto é unha melloría relativa, xa que teremos sempre os danos absolutos dos mortos de todo un ano.

Hai menos mortes no tráfico. Pero cada morte é un erro social, un pecado social, un crime social, do que todos – socialmente- temos algo de culpa. Cada morto é unha fractura, unha ruína, unha traxedia social. Por eso, que haxa menos mortos é un mal menor, pero segue vixente o mal maior que non damos solucionado por moitos esforzos que poñamos no tema.
Hai menos mortes. Pero un só morto é o fracaso. Moito hai que facer para triunfar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES