Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vocación sae da alma

jueves, 13 de junio de 2019
A inmensa maioría das persoas, practicamente todas, estamos chamadas a realizar unha actividade laboral na vida.

Moitas veces é a propia persoa que vai madurando conforme ó que lle van dicindo na casa.

De feito hai moitas familias que seguen un mesmo camiño.

Outras veces é a propia persoa que mostra unha inclinación especial cara a unha profesión ou oficio.

E noutros casos, son as circunstancias do momento as que mandan.
En calquera dos casos, sempre se pensa en poder gañar cartos para defenderse ben na vida.

Hai unhas persoas que son moito máis materialistas que outras, pero non sei por que razón, os cartos gústannos a todos desde idades ben temperás.

Se unha persoa aspira a un traballo, só pensando nos cartos, pouca dedicación, pouco rendemento e pouca satisfacción vai conseguir.

Unha profesión é moito máis que eso:
A primeira condición para desenrolar unha profesión con eficacia é ter a preparación necesaria para poder realizala.
Cada persoa ten as súas capacidades, e según estas, vai orientando a súa vida laboral e profesional.

-Unha profesión, ademáis de permitirnos gañar honradamente o pan de cada día, ten que servirnos para realizarnos como persoas.

-Unha profesión adaptada ás nosas capacidades ten que permitirnos desenrolar da mellor maneira posible os nosos talentos.

-Unha profesión ten que servir para sentirse ben nela e para facer algo máis felices ós outros.

-Unha profesión ten que servir para promocionarnos como persoas e para colaborar na construcción dun mundo un pouco máis humano para todos.

-Unha profesión ten que amarse para poder dedicarlle o mellor de nós mentres estamos traballando.

CANDO UNHA PROFESIÓN SE AMA, TRABALLAR É UN PRACER PORQUE PRODUCE FELICIDADE.

Un profesional feliz é unha riqueza para a empresa e para a sociedade en xeral.
Cada profesión esixe a súa vocación; e todas serven para crear riqueza e benestar.

Con todo, hai profesións que esixen unha dedicación moi especial. Son as que requiren un contacto directo coas persoas e, se estas persoas son criaturas, enfermas ou anciás; moito máis aínda.

Tamén se diferencias as profesións no nivel de agradecimento:

Non se agradece igual o labor dun constructor que nos constrúe a casa que a dun profesional da medicina que nos cura unha enfermidade ou a dun profesional do ensino que nos prepara para o futuro.

O labor dos profesionais da medicina, non hai cartos que o paguen. Son as persoas que máis se ocupan e se preocupan por un ben tan preciado como é a saúde.

TAMPOUCO TEN PREZO O LABOR DO PROFESORADO, ESPECIALMENTE DO PROFESORADO DA INFANCIA.

Polas mans do profesorado pasan os futuros médicos, enxeñeiros, arquitectos, abogados, sacerdotes, ministros, reis…Todos.

E, aínda que hoxe en día non se valora o suficiente, o labor dos sacerdotes
tamén é moi importante.

Eles, despois da familia, son os que nos van educando na fe a tódolos crentes.
Son o soporte da nosa vida espiritual: acompáñannos desde que nacemos ata que morremos.

Ningún outro profesional nos acompaña ó longo de toda a vida.

O VALOR DA FE NON SE SABE BEN CANTO VALE.

UNHA PERSOA CON FE DIFERÉNCIASE MOITO DOUTRA SEN ELA TANTO Á HORA DE CAMIÑAR POLA VIDA COMO ANTE AS DIFICULTADES PROPIAS OU ALLEAS.

Lástima que moitas veces o materialismo e o consumismo no que estamos todos máis ou menos inmersos, non nos permita ver os valores do alto.

Moitas veces pensamos que a nosa vida é soamente terrenal e dámonos conta de que temos outra, cando estamos a punto de perder a primeira.

Moitas persoas vivimos engañadas.

Algunhas ata non pensan noutra cousa máis que en traballar: viven para traballar porque non ven máis aló da materia.

Afortunadamente tamén hai moitas persoas que traballan o necesario para vivir, pero sen poñer a meta na adquisición de bens materiais; porque “NON SÓ DE PAN VIVE O HOME”

Tódalas profesións esixen entrega; pero a dos labradores non é das máis doadas, nin das máis agradecidas.

Dos labradores dependemos todos, porque todos comemos.

Non hai ningunha profesión mala; todas son necesarias, todas producen benestar se se fan con vocación de servizo.

Porque viñemos a esta vida a “SERVIR”

“O SERVIZO COMO RIQUEZA”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa dedicación ó profesión ou oficio que lle toca realizar para mellorar a súa autoestima e para producir riqueza e benestar para todos.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Saúde e sorte!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES