Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O noso turismo

lunes, 10 de junio de 2019
Paréceme obrigado defender o turismo como unha importante fonte de ingresos para a nosa terra, tanto o turismo xeral, que busca monumentos, gastronomía, praias, paisaxes, como especialmente o dos Camiños de Santiago, especial turismo no que se mesturan a fe, as viaxes, os desafíos físicos, a curiosidade ou a búsqueda de novos xeitos de vivir e expresarse.

Hai unha corrente de opinión que considera que o turismo é un ben efímero, só para uns cantos, que non crea sinerxias de continuidade, que pode desaparecer no momento en que os gustos dos viaxeiros varíen… E que o turismo
só beneficia aos que teñen intereses na hostelería, aloxamentos, e pouco máis.

Polo que aos viaxeiros dos Camiños de Santiago se refire, aos que se lles chama peregrinos e veñen ser turistas no máis amplo sentido da palabra, sexan máis ou menos consumidores, poden conseguir o milagro de revitalizar un pobo, como ocorre en Portomarín ou Palas de Rei, importantes exemplos da vitalidade que os pobos rexistran co paso dos peregrinos.

Porque non só son os hoteleiros e hosteleiros os que se benefican deste especial turismo senón tamén os que subministran alimentos ou servizos que se benefician deste ouro moderno, e os vendedores de agasallos, e os guías de turismo, e os do sector do transporte… o conxunto da poboación resulta beneficiado pola riada de visitantes que a cotio percorren os camiños.

Cando hai un mes visitei Vilalba para participar nas xornadas de “Axúdate”, a Asociación de Alcohòlicos Rehabilitados, sorprendeume a impresionante manifestación que constituía a Feira de Artesanía montada nunha carpa inmensa na Praza da Constitución, tendo moi recente naquela instalación a celebración do Festival de Música Independente, que trouxo a Vilalba a milleiros de mozos para disfrutar deste festival musical.

Artesanía, música, e productos do país son elementos moi importantes dentro do fenómeno do turismo de peregrinación, do que temos aínda moi recente os Milagros de Saavedra. Porque nesta terra faltarán grandes industrias, pero estas actividades de cara ao turismo que nos invade, son unha forma excelente de fomentar emprego e asentamento de poboación no rural e no urbano. En Compostela ou en Vilalba.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES