Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A tenista de Camagüey

lunes, 10 de junio de 2019
Unha vez máis a transición hebdomadaria métese de novo na elaboración, na realización deste recuncho. Que o momento de escribilo será completamente distinto do momento da súa lectura. Ou polo menos sería unha aventura sinalar quen será o vencedor do torneo de tenis de Roland Garros entre o español Rafa Nadal e o austríaco Dominic Thiem. A escritura realiceina o sábado, o partido debería ser o domingo e a lectura, xa vedes que día é. Pero ata poida que nin no momento en que estades a ler isto se saiba quen ganou. Porque a chuvia era a gran inimiga do torneo.

A tenista de CamagüeyNon obstante, teño que recoñecer que ese parágrafo tan só foi a escusa perfecta para introducirme no que realmente quero contar. Porque o asunto vai de tenis. Dunha figura tenística de principios dos anos 30 do século pasado con raíces no meu Baños de Molgas. Máis en concreto dunha sobriña do reputado médico D. Samuel González Movilla (nas crónicas do mes de agosto de 1933 noméano como Manuel), que nacera en Ourense, no número 11 da rúa de Reza. Pero que, como era case normal naquela época e por unhas ou por outras razóns, marcharan para Cuba. Wasthy Conde, que así é como se chamaba a afamada tenista, acabara na lendaria, na mítica rexión de Camagüey.

Naquelas épocas, a realidade era que os torneos tenísticos, tal como se coñecen agora, nin tan sequera existían. Había as chamadas reunións deportivas. E realizábanse, por suposto, entre a boa sociedade de tal ou cal cidade ou rexión ou país. Naqueles tempos, o deporte tan só era para certos privilexiados (os demais rompían o lombo para eses; coma sempre, como é lei de vida). Semella que a nosa Wasthy Conde ganaba tantos partidos que a rexión de Camagüey quedábaselle pequena, polo que aproveitou unhas vacacións na Habana para dicir “aquí estou eu”. Como era guapa e como era simpática, incluso retranqueira, puxo a boa parte de Cuba ós seus pés. A prensa cubana gabouna de tal maneira que non tardou en comparala a Mirtha Mederos, outra das xoias tenísticas do país cubano.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES