Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A liberdade individual

miércoles, 12 de junio de 2019
Vivimos nunha sociedade libre, nun país que conseguiu facer unha democracia. Temos un marco xurídico que nos dota dun amplo espazo de liberdade. Tamén temos un sistema educativo e unha sociedade que nos repite constantemente que a túa liberdade remata onde empeza a miña pero ese espazo é suficiente para construír a nos identidade e deixar impronta no camiño da vida.

O que pasa é que unha vez que nos din todo o anterior, comezan a reducir ese espazo de liberdade e fano dunha maneira moi sinxela: constrúen o prototipo de persoa que debes ser. Fora dese prototipo o espazo de liberdade vaise convertendo nun ambiente claustrofóbico.

Temos liberdade para escoller o noso traballo pero ollo con equivocarte máis de dúas ou tres veces. Temos liberdade para escoller a nosa parella pero se es homosexual corres o risco de que se che pechen determinadas portas. Temos liberdade de expresión e pensamento pero coidado co que escribes nas redes porque a súa memoria é unha pantasma que te pode perseguir de por vida. Temos liberdade para escoller os nosos amigos e para seleccionar o noso lecer pero ollo coas fotos e vídeos que publicamos porque poden influír á hora de conseguir un determinado traballo. Ë dicir que practicamente dende a adolescencia estamos sentenciando o noso futuro.

A liberdade individual vénnos dada nunha vara que ten a liberdade nunha punta e o medo noutra. “Ti podes facer o que dea a gana pero atente ás consecuencias”. Isto elimina a posibilidade de erro e, polo tanto, nega a nosa capacidade de aprendizaxe. Ou aceptamos o erro e poñemos o foco na emenda do mesmo ou construímos unha sociedade de fracasados e perfectos, unha sociedade subxectiva e perniciosa que dá ou denega arbitrariamente o dereito ao erro, unha sociedade clasista que perdoa a uns o mesmo erro que a outros lles custa unha cadea perpetua.

Ou relativizamos o que se escribe nas redes ou sometémonos a unha escravitude perpetua forxada sen querer dende os albores da adolescencia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES