Uned Senior en Santa Mariña de Augas Santas (Allariz - Maceda)
Pérez Freire, Lourdes - sábado, 08 de junio de 2019
A UNED SENIOR Coruña, xunto co noso profesor D. Felipe Senén López, viaxamos a Ourense, para visitar o santuario de Santa Mariña de Augas Santas.
Como ten por costume, o profesor foinos falando da paisaxe, do patrimonio e das historias importantes que aconteceron en moitos lugares do percorrido. Así, pasando Lalín, o bosque de Catasós, a lenda de Pepa a Loba, o Carballiño, Cea, Puxín, etc...
Cruzamos o Miño e dirixímonos á cidade de Ourense, pasando perto das termas da Cabasqueira e Outariz. Xa na cidade, sempre interesante, comemos, en Casa Manolo, o suculento cocido.
Pola tarde, dirixímonos á comarca de Rábeda, terras de Romasanta, o home lobo. En Taboadela, visitamos o monumento á Familia, de Xosé Fiz.
De alí, dirixímonos a Santa Mariña de Augas Santas, unha igrexa extraordinaria, edificada a partir do descubrimento da tumba da santa. A igrexa actual é románica, do s. XII e finais do XIII.
Despois, fomos, camiñando, cara o castro de Armea. Visitamos o Forno da Santa, posible lugar de purificación, previo ao acceso ao castro. Sobre este lugar iniciouse a construción da basílica da Ascensión, que nunca foi terminada.
Por último, visitamos a vila de Allariz, facendo un percorrido polo casco antigo, moi ben coidado e conservado.
Coma sempre, foi unha viaxe moi interesante, como broche final deste curso académico.
Moitísimas gracias a D. Felipe e a todas as persoas que fan posible este proxecto.

Pérez Freire, Lourdes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora