Andar por andar
Camiño pola beirarrúa esquerda dunha rúa calquera para chegar a unha meta que me puxen cando saín. Aínda que, a verdade, non sei cando chegará esa meta. Son dos que ando por andar. E dá igual que sexa por entre carreiros cheos de toxos coma se é

por pontes colgantes. Tampouco me importaría andar polas veas abertas dun berro que esgaza un sentimento. Hai sentimentos que doen, e polos que se berra. Hai berros que rebentan e que non din nada. Camiño por entre as estrofas dunha canción de Sabina e pérdome na procura dunha sensación. Entendo que ás veces non é fácil camiñar. Por moito que me guste andar. Andar por andar tamén ten o seu aquel. Andas pola beirarrúa esquerda cando, ó mellor, pola dereita hai unha sombra que alivia. Non obstante, as sensacións ou as opcións vólvense tortas e non lle fan caso ós meus pensamentos. Aínda que, eu, ben sei por que. Non é fácil andar por andar, mais eu tiro para adiante con tal de chegar a esa meta que aínda non marquei. Pode ser á volta daquela curva ou pode ser ós dous pasos. Son moi libre de poñerme metas. Incluso podo poñer as máis fáciles. Non lle teño que demostrar nada a ninguén. A miña meta póñoa eu nun punto concreto porque, xusto aí, me deteño, miro para un lado, miro para o outro, berro cheguei e xa está. Hoxe tocou andar por andar. Nada máis.
Heroe de pacotilla!
Hai uns días anotei nun pano deses de papel que poñen as cafetarías nas mesas para limparse unha anotación relacionada coas polémicas declaracións de Santiago

Cañizares sobre o accidente de Juan Antonio Reyes coa intención de escribir un Pingas e poñéndome da parte de Cañizares, estando a favor del. Ese mesmo día, pola noite (que é cando adoita escribir os relatiños), optei por esperar porque a propia Dirección Xeral de Tráfico recomendaba sentidiño nas declaracións, mentres non se soubese a que velocidade ía realmente (ou máis ou menos) Reyes. Por certo, Cañizares declarara o seguinte: Circular con exceso de velocidade é unha actitude reprochable. No accidente houbo máis vítimas. Reyes non merece unha homenaxe coma se fora un heroe. As redes sociais seica botaron e botan fume. Pois ben, eu diría algo máis, agora que xa se sabe a que velocidade ía: que Reyes merece unhas hostias incluso de morto! Como para collelo e colgalo tamén. O que dicía Santiago Cañizares: que houbo máis vítima. E que puido haber incluso moitas máis. Puido pagalas alguén que non tiña culpa ningunha. Non se pode circular a esas velocidades por moita fama que teñas ou por moi importante que te sintas. Outro por certo, en Andalucía seica xa o coñecían coma o Fernando Alonso. Heroe, heroe... heroe de pacotilla!