Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Festa dos sinxelos

domingo, 06 de enero de 2008
Axeitada para nenos/as. Para inocentes e limpos de mente/corazón. Mestura de tradición e modernidade, ficción/realidade. A festa dos soños e ilusións. A dos agasallos amañados, das alegrías pasaxeiras, das sorpresas. Enganos consentidos. Necesitámolos para sobrevivir.

As tradicións son utilizadas para disimular (e xustificar) os insaciables e compulsivos devezos de consumir atizados pola cobiza dos amos do mundo dos negocios. Tanto dos bens útiles e necesarios coma dos innecesarios e absurdos. A egoísta e incoherente sociedade de Occidente acolle a tradición dos sabios (¡non reis!) de Oriente para convertela nun espectáculo de luces e cores propiciando o gran escándalo insolidario ante un Oriente/Sur cheo de fame/miseria.

Daquela, o poder laico (emperador/herodes) e o relixioso (señores do Templo) todos unidos, tentan liquidar ao Neno coa matanza dos inocentes. (A morte, chegaría 30 anos despois). Non vían con bos ollos a chegada destes sabios pagáns que seguían a estrela na busca da Luz, do Salvador. Eles atopárono porque o buscaron e souberon descubrilo na sinxeleza dun Neno.

Cun mundo revolto e co noso País enredado en manter ou recuperar poder/influencia cos seus dous grupos políticos re/convertidos en enormes capoeiros cacarexando nos medios de masas e nas rúas (¡coa Igrexa tamén enleada polo medio!) chega esta festa agora tamén reconvertida en consumo. Como daquela, a salvación só é acollida polos sinxelos e os limpos de corazón.

¡Deus maniféstase e salva a todas as persoas máis aló da súa orixe, raza, crenza e/ou relixión!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania